Nota da ACP sobre a selección de personal do obradoiro de emprego. Hoxe reúnese o grupo de traballo mixto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

A pesar de habelo solicitado hai máis de 10 días e de que están no concello dende hai unha semana, o alcalde de Pontecesures aínda non facilitou e este concelleiro as listas de traballadores desempregados enviados pola Oficina de Emprego de Vilagarcía (máis de 100) para seleccionar entre eles os 36 alumnos do obradoiro de emprego.

Con esta actitude do alcalde amósase, unha vez máis, que este alcalde obscurantista non ten intención algunha de que a oposición teña información do proceso selectivo e que trata de que se forme un obradoiro do grupo de goberno sen contar para nada cos restantes membros da corporación. Lémbrase que o alcalde incumpleu o seu compromiso asumido no pleno e deixou fora á oposición do grupo de traballo mixto que seleccionará o persoal do obradoiro.

Seguindo coa obriga de informar sobre este tema, comunicase que hoxe reúnese na Delegación de Traballo de Vigo o grupo de traballo mixto composto por tres representantes da Delegación e tres do concello (o alcalde, a 1ª tenente de alcalde Maribel Castro e a concelleira nacionalista Margarita García Castro) para analizar os cuestionarios cumplimentados polos aspirantes o pasado día 21 e xulgar outros criterios para decidir a relación de aspirantes (mínimo de 72, dous por praza) que pasará á fase da entrevista. Esta lista será publicada o día 5 de decembro no taboleiro de anuncios do concello onde será fixada a nota a data da citada entrevista.

Por outra banda, hoxe día 29 será publicada na Oficina de Emprego de Vilagarcía a lista dos aspirantes que se inscribiron para as prazas de director, titor e expertos nas materias que se van impartir no obradoiro, despois da baremación realizada na Delegación de Traballo de Vigo por parte do grupo de traballo mixto como requisito previo á celebración das probas de selección por parte do citado grupo.

Tamén se está a elaborar na Oficina de Emprego de Vilagarcía a sondaxe de candidatos ao posto de administrativo do obradoiro de emprego que serán enviados ao grupo de traballo mixto para seleccionar un deles.

Pontecesures,29 de novembro de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


6 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-11-2006 a las 14:38

Hai uns minutos saíron as listas coas baremacións dos aspirantes para director, titor e expertos.
Para director foron baremados 10 aspirantes, para titor 16 e para expertos 3 en carpintería, 2 en axuda no fogar, 8 en albanelería e 4 e xardiñería.
Hai que ter en conta que varias destas persoas poden ser excluídas pois aínda non remataron as súas funcións noutros obradoiros de emprego ou escolas obradoiros, e tamén que moitos inscríbense en varios dos obradoiros que van comezar na provincia antes de fin de ano.
Queda aberto un prazo de reclamacións e o día 5 de decembro publicarase a lista definitiva de aspirantes que teñen que facer a proba diante do grupo mixto de traballo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-11-2006 a las 13:37

Comprobei o listado e só hai 3 aspirantes de Pontecesures nas listas. Un para experto en carpintería e dous para director ou titor. Pero non están baremados xa que non cumpren os requisitos. Poden presentar alegacións hoxe e maña na Delegación de traballo en Vigo e haber se aparecen na lista definitiva do día 5 de decembro

Tuso · 30-11-2006 a las 14:06

Antes dde nada, gracias por ternos informados.
Unha pregunta: ¿é un requisito ser de Pontecesures?

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-11-2006 a las 14:16

Por suposto que non «Tuso». E inconstitucional rexeitar a alguén por cuestións de residencia.
Para os postos de director e titor do obradoiro de emprego apenas hai en Pontecesures titulados universitarios no paro que teñan experiencia nestas materias de formación de traballadores que é unha requisito que esixe a normativa. Para expertos nas especialidades tampouco temos xente con experiencia na docencia relacionada coas disciplinas en cuestión.

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-12-2006 a las 15:03

Para o día de hoxe foron citadas na Oficina de Emprego de Vilagarcía cinco mulleres residentes en Pontecesures que reúnen, en principio, os requisitos para seren administrativo do obradoiro de emprego. Dúas renunciaron expresamente (unha por estar traballando e outra por estar a piques de facelo) e as outras tres teñen que presentar determinada documentación antes do día 7 de decembro. Parece ser que se vai seguir na Oficina de Vilagarcía coa sondaxe para que haxa máis aspirantes a engadir ás tres, en principio, interesadas.
Infórmase que as aspirantes terán unha entrevista persoal na Delegación de Traballo de Vigo e alí o grupo de traballo mixto (reitero que son tres representantes da Xunta máis o alcalde, Maribel Castro e Margarita García Castro) seleccionará a persoa que vai realizar as funcións de administrativa do obradoiro.

Azote · 1-12-2006 a las 16:30

Más que oposición, Sabariz está haciendo un verdadero marcaje al gobierno local. En esto de la selección del obradoiro está completamente al loro. Así me gusta «Llanero» hai trabajar par evitar chanchullos.
Ya me comentaron que Maribel la concejala anda loca metiendo la nariz en la selección de los alumnos y del resto del personal. Tiene hasta fotocopias de la documentación de los posibles alumnos y llama para aquí y para allá a los que le interesa vendiendo el favor con el teléfono que pagamos todos, claro. Haber si no acaba estrellada con tanta promesa.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.