Angueira leva o orzamento ao pleno sen apoios da oposición

Publicado por Antonio Cortés en

O alcalde recoñece que «ten pouca fe» sobre a súa aprobación. As contas ascenden a 1,6 millóns de euros e preséntase á corporación con medio ano de atraso

O goberno local de Pontecesures non quere acabar o ano sen tentalo. Este sábado somete a votación plenaria o orzamento do 2006 aínda sabendo que só un milagre podería salvar o punto. O bipartito (BNG-IP) está en minoría e precisa a lo menos dun voto máis para aprobar o documento. A alianza natural sería atopar este apoio no PSOE de Gerpe ou na ACP de Sabariz, pero a situación política que se vive en Pontecesures non favorece ningún tipo de acordo neste sentido.

O propio alcalde Luis Álvarez Angueira recoñecía onte que tiña «pouca fe» respecto de que se puidera aprobar o orzamento deste ano, pero el decidiu tentalo «por responsabilidade». A oposición, pola súa banda, lembra que o alcalde comprometeuse a presentarlles o orzamento o pasado mes de abril. Así as cousas, en Pontecesures seguen sen orzamento do 2006 cando xa deberían estar preparando o do 2007.

As contas confeccionadas este ano polo goberno local ascenden a 1.613.000 euros, unha cantidade inferior á de 2005 debido, en boa parte, a que algúns plans de obras xa non figuran por ser consignados anteriormente. Si se inclúen nestas contas 24.000 euros para financiar os gastos de mantemento de depuradora de augas residuais, unha vez que o Concello xa conta co compromiso da Xunta e Galicia de que porá en marcha a depuradora en cuestión de meses.

A voltas co gasóleo

Co do sábado serán tres os plenos que celebra a corporación cesureña en menos dunha semana. O martes houbo sesión solicitada polo Partido Popular para examinar, unha vez máis, os gastos do gasóleo do parque móbil municipal. O debate non arroxou nada novo.

O alcalde non dou as explicacións que pedía a oposición e os populares seguen amagando con levar o caso aos tribunais. Onte celebrábase o pleno ordinario de novembro con asuntos de trámite e unha moción insólita presentada polo grupo socialista pola que pedía un pronunciamento da corporación para que o alcalde dimitira do seu cargo.

:: La Voz de Galicia :: B. Costa


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.