Contestación da ACP as acusacións sobre a obra do Náutico.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ainda que non aparece na edición dixital, na edición impresa do Diario de Arousa aparece a seguinte nota:

SE ESTE PROXECTO TIVERA QUE IR HOXE A PLENO, SEGURO QUE O PERDERIAMOS.
Manuel Luis Alvarez Angueira, el alcalde nacionalista de Pontecesures, se congratuló del inicio de las obras del Club Náutico, un proyecto «moi importante» y que para convertirse en realidad tuvo que pasar varias veces por el Pleno. En las primeras ocasiones fue rechazado por PP y PSOE, y finalmente pudo aprobarse cuando se firmó el pacto de gobierno entre BNG, ACP e IP en el último trimestre del año 2004. El regidor cesureño se pregunta qué ocurriría si la actuación tuviese que pasar por el Pleno hoy en día, con la situación política existente en el municipio. «Se hoxe necesitáramos ese acordo, posiblemente a ACP non aprobaría a actuación e perderíamos ese importante proxecto, o que demostra a inestabilidade política desa formación.


Pois vaia machada ésta última frase. O alcalde non está o bastante satisfeito coa obra, que aproveita a ocasión para arremeter contra a ACP como sempre. Pois respostámoslle o seguinte:

# A ACP sempre apoiou a reforma votando a favor en tres ou cuatro plenos (nun deles foron testemuñas, por certo, directivos e deportistas do club).
# A ACP, aceptando en 2004 a inclusión de IP (que estaba en contra da obra) no equipo de goberno, cedendo a 1ª tenencia da alcaldía e a concellería de obras, posibilitou a actuación porque Maribel Castro (IP) cambiou de criterio e aceptou o investimento.
# Resulta repugnante que agora o alcalde coñecendo perfectamente que fun un concelleiro interesado sempre na potenciación do Club Náutico (fixen múltiples xestións para conquerir a subvención, para que se retirase o vello pantalán da zona de Padrón, para que se incrementaran as subvencións, para que se arranxara a sinalización na estrada do peirao, etc..) deixe caer que tamén estaría en contra, facendo de adiviño e tratando de deixarme quedar mal diante dos deportistas.
# Pois está errado o alcalde na súa inxusta interpretación. Quere capitalizar el só o investimento por intereses electoralistas e non soporta que os demáis tivésemos algo que ver nas xestións.
# Mire Sr. Alcalde, a ACP é moi estable a pesar do que dí vostede e ten dúas cousas moi claras:

-Que apoia claramente a remodelación do edificio do Club Náutico e felicita aos deportistas por este logro moi positivo para todos.

-Que considera que o Sr. Alvarez Angueira non é a persoa idónea para ocupar a alcaldía do noso concello. Nestre, e noutros asuntos, minte descaradamente e nós non desexamos ter un alcalde mintireiro e con esa falla de credibilidade.

Pontecesures, 10 de decembro de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


2 comentarios

saca-puntas · 10-12-2006 a las 13:30

As únicas inestabilidades políticas que hay no tema son as do B.N.G. que non lle interesa o deporte nin o Náutico, só pretende capitaliza-lo voto dos deportistas e a de I.P., que votou a favor (cando no estaba dacordo co proxecto) a cambio dun sueldo mensual. Política progresista do B.N.G.

Tilán · 10-12-2006 a las 15:45

Se don Luis Angel non lle dera unha ollada á edición impresa do Diario de Arousa, uns cuantos non saberíamos a segunda parte da nova e só coñeceriamos o que aparece na edición dixital do citado diario.

Cada día o Sr. Alcalde ven a confirmar que escomezou a temporada de eleccións e que quere ir avanzando terreno de cara ó mes de maio do ano que ven…, esto me parece ben, pero me temo que esta actividade a fai «campo a través» e iso non é válido, xa falei nalgún comentario do Leviathan do señor Tomás Hobbes;

Non todo vale Sr. Alcalde, hai unhas formas, un continente, un molde, unhas canizas, un xeito…. tan importante todo elo coma o obxectivo….. os FINS….os MEDIOS…

Quere vostede Sr. Alcalde, camelar os votos de tódolos practicantes do deporte nautico, e pareceme moi ben, pero NON ENGANE, os rapaces do Nautico (ainda que vostede poidera ser nalgún intre, pedra angular nesa institución deportiva) non son parvos hoxe a xente nova pode pasar de moitas cousas pero parva non é, e os seus proxenitores menos, porque xa teñen mais experiencia na vida…

Empeza a mosquear que a teña emprendida vostede coa ACP, non lle zoupa do mesmo xeito ó PSOE nin ao Partido Popular, esto fai pensar que esa agrupación, a ACP, é a que verdadeiramente lle preocupa, ou a que verdadeiramente lle molesta, ou a que todolos días lle da no peteiro, aínda non lle oín falar ou escribir nos medios de comunicación, de tal xeito sobre o PARTIDO POPULAR de Pontecesures, Partido que o ten amenazado con ir ó Xulgado co tema do gasoleo, ó mellor Sr. Alcalde e que vostede non ten medo do gasóleo, pero sí do que poida avanzar, aquela agrupación.

Á vista das súas intervencións pùblicas Alcalde, é o que se pensa: a ACP e o seu portavoz, sempre están na súa boca….¿POR QU??

Boa tarde.

Tiroliro II · 10-12-2006 a las 17:41

Cada vez se entende menos esta actitude de Angueira. Coñece todo o Náutico, sobre todo o Presidente Barreiro, o gran traballo que fixo por eles Sabariz e vai agora a darlle leña o alcalde para que a ACP se convirta en protagonista da nova das obras. Eu penso que Angueira está moi mal aconsellado polos da garda pretoriana e así lle vai.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.