Nota da ANPA aos pais/nais sobre diversos temas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

ANPA CPI PONTECESURES

Realizada en días pasados a demostración de aeromodelismo, infórmase que en xaneiro comezará a actividade dirixida a nenos/as maiores do 8 anos. Os interesados deben poñerse en contacto coa ANPA para ver se é posibel formar un grupo de traballo.
Tamén se informa de que se prorroga o prazo para o pago da cota da ANPA ata o día 15 de xaneiro de 2007.

Un ano máis, esta ANPA colabora co concello na organización da Cabalgata de Reis 2007 que está anunciada para as 17 horas do día 5 de xaneiro na Prazuela. Se algún pai/nai quere axudarnos pode poñerse en contacto connosco. Queremos facer un chamamento a nenos e maiores para que acodan a recibir aos Magos de Oriente nesa tarde-noite de ilusión.

Para rematar a Xunta Directiva deséxalle aos pais/nais, alumnos/as e persoal do centro un bó Nadal e un feliz Aninovo 2007.

Pontecesures, 19 de decembro de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.