Pontevedra ten a xerencia de primaria con máis poboación de toda España

Publicado por Antonio Cortés en

A futura xerencia de Atención Primaria de Pontevedra integrada na Area Sanitaria de Pontevedra Norte anunciada onte polo presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, terá unha poboación asignada de 368.470 habitantes, residentes en 36 concellos do norte da provincia, nos que hai un total de 49 centros de saúde e 11 consultorios periféricos.

A actual xerencia de Atención Primaria de Pontevedra??Vigo atende a un total de 941.389 tarxetas sanitarias, o que a converte na xerencia de primaria con maior poboación de toda España. Unha vez aprobada a recuperación da Xerencia Atención Primaria de Pontevedra, esta pasará a ter un total de 368.470 habitantes, de 36 concellos (Vila de Cruces, A Golada, A Estrada, Silleda, Lalín, Rodeiro, Pontecesures, Valga, Forcarei, Dozón, Catoira, Cuntis, Cerdedo, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Portas, Moraña, Campo Lameiro, Illa de Arousa, Cambados, Sanxenxo, Ribadumia, Meis, Barro, Cotobade, O Grove, Meaño, Poio, Pontevedra, Pontecaldelas, A Lama, Marín, Vilaboa, Soutomaior e Bueu).

Nestes concellos hai un total de 49 centros de saúde e 11 consultorios periféricos, o que supón, que a xerencia atende a 60 centros asistenciais.

Destes concellos, os de Lalín, Vila de Cruces, Silleda, A Golada, Dozón, Rodeiro, A Estrada, Pontecesures e Valga, teñen como hospital de referencia o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; mentres que os de Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, A Illa de Arousa e Ribadumia, teñen a súa referencia hospitalaria no Hospital do Salnés. O resto dos concellos, son atendidos polo Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Pola súa banda, os outros 27 concellos da provincia de Pontevedra quedarán adscritos á Xerencia de Atención Primaria de Vigo, cun total de 571.488 habitantes. Nestes municipios hai un total de 45 centros de saúde e 11 consultorio periféricos. A súa poboación repártese actualmente entre o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e o centro concertado Povisa.

A Consellería de Sanidade xa anunciou que unha vez entre en servizo o novo hospital de Vigo, toda a poboación destes 27 concellos pasará a ter o novo centro como hospital de referencia.

:: Xornal.com ::


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.