O CLUB BALONCESTO RIO ULLA SORTEA UNHA MAGNÍFICA CESTA DE ANTROIDO

Publicado por fru en

Dende hai varios anos os membros do club de baloncesto venden por estas datas boletos para o sorteo dunha magnífica cesta de antroido, agradecendo de antemán a colaboración de todo o pobo, pois sempre vendimos todos os boletos.

A cesta sortearase o vindeiro venres 23 de febreiro, cas 3 ultimas ciffras do cupón da ONCE dese día.

O contido da cesta é a «cachucha» de porco  e o lacon típicos destas datas, a ducia de chourizos, os grelos, as patacas, o viño e licores varios, o paquete de café, así coma outros productos que completan esta magnífica cesta.

Os beneficios da mesma serven para cubrir parte do orzamento do club neste 5 meses de competición que nos quedan para rematar a temporada 2006-07.

Colaborade co club. Moitas gracias.

Categorías: Basket Río Ulla

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.