Consideran un «roubo» a arte do butrón usada en Pontecesures

Publicado por Antonio Cortés en

A pesca da lamprea en Herbón está supeditada as capturas no tramo do Ulla en Pontecesures, na provincia de Pontevedra, onde se usa a arte do butrón. Para os lampreeiros de Herbón, isto «non debería de existir» porque, din, «é como andar a roubar». Engaden que é un invento da Xunta e que xa non protestan porque «ninguén nos fai caso».

Aínda así, un deles di que ese tipo de pesca ben merece unha «manifestación en contra». Ademais, considéranse prexudicados unha vez que os pescadores de Pontecesures comezan a campaña antes ca eles, e rematan despois (do 1 de xaneiro ó 15 de abril, sen contar que poden pescar polo día.

As lampreas que cola o río en Pontecesures son as que pescan en Herbón.

:: La Voz de Galicia :: Ed. Santiago


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.