O BNG denuncia na Garda Civil que Sabariz persegue ao alcalde

Publicado por Antonio Cortés en

A controversia política en Pontecesures deu lugar a moitos capítulos, a cada cal máis rocambolesco e polémico, pero aínda non entrara no cuartel. Esta situación mudou hai uns días cando o Bloque Nacionalista Galego decidiu poñer en coñecemento da Garda Civil os «comportamentos persecutorios» do líder da Agrupación Cidadá de Pontecesures, Luis Ángel Sabariz, contra o alcalde Manuel Luís Álvarez Angueira.

Os nacionalista víronse na obriga de advertir ás forzas de seguridade desta situación «por se fose a maiores» e ante o que consideran que constitúe unha violación da intimidade do alcalde e da súa familia.

A iniciativa ten a súa orixe nas denuncias realizadas por Sabariz Rolán hai unha semanas sobre a existencia de empadroamentos fraudulentos en Pontecesures con intereses electorais. O independente afirmou que uns veciños do alcalde que viven en Taragoña -parroquia de Rianxo onde o rexedor ten fixada a súa residencia- empadroáranse na casa dunha tía do alcalde na veciña Pontecesures.

Desde o Bloque relacionan este feito co episodio vivido hai uns días «polo que Sabariz repasou, ao noso entender, tódolos límites do respecto, da intimidade e incluso da seguridade do alcalde, da súa familia e dos veciños da zona (Taragoña)».

Segundo o relato ofrecido polo BNG, o concelleiro vixiou a casa do alcalde, merodeou polos arredores e interrogou a veciños do lugar para averiguar onde era a casa de Angueira e onde estaba o negocio das persoas que acababan de empadroarse en Pontecesures «todo isto sen identificarse».

«Proceder delirante»

«Este proceder, que nós cualificamos de delirante, alarmou aos veciños que se persoaron na casa do alcalde alertando a este de que había dúas persoas, unha no coche e outra interrogando a pe de rúa, que respondían perfecta a definitivamente coas descricións do señor Sabariz e do seu vehículo, feitos que o propio Sabariz non negou no pleno que se celebrou o mércores, cando o alcalde lle transmitiu o temor e violación da intimidade que estaba a facer del e da súa familia», explica o BNG.

«Estes feitos non deixarían de ser unha anécdota de alguén que intenta localizar a alguén. Pero o feito de facelo a 20 quilómetros deste Concello e coa obsesión que ten co alcalde no último ano pasan a ser uns feitos que cualificamos de graves e preocupantes», sinalan os nacionalistas.

O grupo municipal explicou onte que o motivo de que a familia de Taragoña en cuestión pasara a formar parte do censo de Pontecesures obedece a que teñen previsto montar un negocio neste municipio, sen entrar en consideracións sobre a quen lle pode beneficiar o seu voto nas eleccións de maio.

«? curioso que o señor Sabariz, que tanto se preocupa pola vida das súas cuñadas, non se decate de que unha delas reside noutro concello, pero está empadroada en Pontecesures, polo que non só pode votar senón tamén optar a postos de traballos nas ofertas de emprego que o Concello fai ao Inem», indican en alusión a outro dos episodios que enfrontaron a Sabariz e ao alcalde nos últimos meses.

As malas relacións que manteñen ambos políticos, ata hai meses socios de goberno, evidenciáronse no pleno do mércores no que Sabariz e Angueira volveron protagonizar os momentos máis tensos da sesión. A orde día volvía a estar valeira de contido e os rogos e preguntas repetiron como o tema estrela. O pleno prolongouse durante dúas horas.

:: La Voz de Galicia :: B.C.


Álvarez Angueira asegura que Sabariz lo espía y vigila


El alcalde de PontecesuresGuardia Civil el supuesto espionaje y persecución de los que está siendo víctima por parte del concejal independiente Luis Ángel Sabariz Rolán, al que acusa de «violar a miña intimidade».

Álvarez Angueira, denunció ayer públicamente a través del grupo municipal del BNG, el «comportamento obsesivo e persecutorio que ten o concelleiro de ACP» hacia su persona. Lo acusa de espiarlo y vigilar su casa de Taragoña, además de molestar a los residentes en la zona. Los hechos están relacionados con el supuesto empadronamiento «fraudulento» de una familia ?vecina de Angueira en el citado lugar de Rianxo? denunciado recientemente por Sabariz y sobre el que el BNG asegura que «estaban censados en Boiro, teñen un negocio en Taragoña e empadroáronse en Pontecesures en previsión de trasladar a esta vila este negocio».

El Bloque cesureño denuncia que Sabariz no se limitó solo a denunciar este empadronamiento sino que «vixiou a casa do alcalde, merodeou nos arredores e interrogou a veciños do lugar para averiguar cal era a vivenda do rexedor, e todo isto sen chegar a identificarse en ningún momento e sen persoarse nos domicilios polos que preguntaba». Según el relato de los hechos que ofrece el BNG, los vecinos se mostraron «alarmados» y fueron los que acudieron a la vivienda de Álvarez Angueira para advertirle de que «había dúas persoas, unha no coche e outra interrogando a pé de rúa, que respondían perfecta e definidamente cas descripcións de Sabariz e do seu vehículo». Al parecer, siempre según la versión del alcalde, el concejal de ACP «non negou estes feitos» en el Pleno celebrado el miércoles, en el que Álvarez Angueira le transmitió «o seu temor e a violación da intimidade que estaba a cometer».

Los nacionalistas califican esta actitud de «delirante» y «enfermiza» y consideran que el edil «rebasou tódolos límites do respecto, da intimidade e incluso da seguridade do alcalde, da súa familia e dos veciños da zona». Por ello Álvarez Angueira decidió poner la situación en conocimiento de la Guardia Civil «por si estos comportamentos persecutorios fosen a maiores». El BNG cree que no puede considerarse esta situación como «unha mera anécdota», ya que se está produciendo «a vinte quilómetros de Pontecesures e, coa obsesión que Sabariz ten co alcalde, pasan a ser uns feitos graves e preocupantes posto que tanto a intimidade da familia do rexedor coma a dos seus veciños están a ser violadas de forma reiterada».

Censo > En cuanto al supuesto empadronamiento «fraudulento», el BNG le recuerda a Sabariz que «unha das súas cuñadas reside noutro municipio pero está censada en Pontecesures, polo que non só pode votar senón que tamén participa nas ofertas de emprego que este Concello fai ó INEM».

:: Diario de Arousa :: M. Angueira


8 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-02-2007 a las 09:36

E á típica «pataleta» do alcalde cando se ve «cazado» nas irregularidades. Estou preparando a contestación, claro.

Tuso · 2-02-2007 a las 10:07

Creo que non son eu o único que agardo a explicación, xa que no pleno do pasado mércores, tras falar deste tema o Sr. Alcalde, acusando ó Sr. Sabariz, non se lle permitiu facer ningunha aclaración.

(Bueno, creo que nin aclarar eso nin outras cousas, pero neste caso non se pode considerar persecución, porque non llo permitiu nin a Don Luis Angel nin ó resto da oposición)

Tuso · 2-02-2007 a las 11:10

Polo visto está claro que en Cesures temos que seguir dando vergoña.

De momento non vou a entrar a valorar o feito polo Sr. Sabariz, porque non coñezo a súa versión, e por desgraza, visto que non cumpre nin o que di nos plenos, non podo considerar de moita fiabilidade a do Sr. Alcalde.

Inda que penso que teñen todo o dereito do mundo a acudir á xustiza se así o consideran oportuno, de ser certo o que ven na prensa, non me queda mais que opinar, con tristeza, que, ou ben entre os membros do equipo nacionalista do noso pobo campa a ignorancia, ou o ignorante son eu. Polo ben do pobo espero que sexa eu o ignorante.

O que si teño claro é que a partir de agora a estratexia vai ser, como ben apuntaba alguén (non recordo quen) xa fai tempo neste medio, apertar o lazo sobre o Sr. Sabariz.

Partindo que de leis non entendo nada, a primeira pregunta que me fago é, ¿porque é o BNG o que fai a denuncia contra o Sr. Sabariz cando é a persoa e a familia do Alcalde a que se sinte ??violada?? ¿Non sería mais correcto que fixera a denuncia persoalmente? (ou de non querer facelo así, ¿porque non denuncia o BNG á ACP?)

Como se pode violar a intimidade e a seguridade dunha familia e duns veciños ??merodeando? por unha zona, a cara descuberta, entendo que sen ocultarse, xa que falaba cos veciños directamente e a sabendas de que ía ser identificado sen ningunha dúbida, como así foi.

Non sei, se como se di que molestou ós veciños, estes lle dixeron algo ó presunto ??molestador?. Tampouco sei porque no caso de que, efectivamente, molestara ós veciños, estes non avisaron nese intre ós corpos de seguridade para que tomara as medidas pertinentes, como sería lóxico. Supoño que non deberon de velo moi perigoso. ¿poden aparecer a estas alturas denuncias dalgúns deses veciños co obxecto de ??apoiar? ó Sr. Angueira?

Por outro lado, no último pleno, o Alcalde dixo que cos rogos e preguntas da oposición estábanse a insinuar cousas. Aplicándolle o conto, desta denuncia pódese deducir, sen romperse moito un a cabeza que se está a insinuar que o Sr. Sabariz é unha persoa violenta e por tanto un perigo para a poboación. Conste que eu non o creo.

Outro detalle curioso a ter en conta é que se di os feitos son ??graves e preocupantes? por ocorrer a 20 km do noso pobo. Non sabía que a localización xeográfica dos feitos fora mais preocupantes que os feitos en si.

E volvendo o asunto que fixo saltar este tema, que non é outro que o dos empadroamentos, considero que comparar o caso dos veciños de Taragoña co da ??cuñada? está totalmente fora de lugar e é unha escusa do alcalde para distraer o tema. A ??cuñada? é de Cesures de TODA a vida, a familia é de Cesures e fijísimo que fai mais vida no pobo que estes últimos empadroados.

Chámame a atención tamén a razón que se da para o empadroamento destes novos veciños de Taragoña, que parece ser que é porque van a abrir un negocio no pobo. ¿é necesario empadroarse no pobo para abrir un negocio nel? Eu teño entendido que non. ¿teñen algunha vantaxe ó abrir un negocio no pobo os censados fronte ós que non o están? E xa dentro do mais puro ??cotilleo? 😉 ¿que tipo de negocio é? ¿teñen pensado vivir no pobo? E entrando xa a ser malpensado ¿é casualidade que se lle ocurra precisamente a uns veciños do Sr. Alcalde ir a montar un negocio precisamente ó pobo que ??goberna??

Warrior · 2-02-2007 a las 11:49

Avanti toda Don Luis Angel (DLA), la calle es suya, toda esta actuación demuestra, el miedo, el único que pone nerviosisimo a Angueira es el Sr. Sabariz, los demás casi le dan de lado, pero cuando el DLA «ladra» (según el equipo de gobierno) Angueira «OUVEA» .
Bien has dicho «Tuso» un tío peligroso el Don Luis Angel, habrá que estar en guardia.
Muy buena la mezcla de la denuncia por posible persecución, con la cuñada de Sabariz. Es tan malo el BNG como su jefe, al mezclar una cosa con la otra se le vió el plumero «pataletero».

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-02-2007 a las 12:22

Independientemente da nota pública que vou enviar aos medios, infórmoche, Tuso, dos feitos:
1-Coñecido por mín que a familia en cuestión reside en Burato 79 Taragoña-Rianxo e que está indebidamente empadronada en Avda de Vigo 18 3ºD de Pontecesures (é un piso propiedade dunha irmá da nai do alcalde) fun a Taragoña a comprobar se eran certas as miñas informacións. Fun con outra persoa pero non co meu coche sobre as 16 horas dun día laborable. No exterior dun comercio preguntei a unha empregada do mesmo se vivia por alí esa familia (a muller ten unha perruquería na vivenda unifamiliar de Burato 79) e me dixeron que sí dándome unha indicación de por onde se ía. Subín ao coche e viñemos lentamente por esta zona da rúa Burato. Tras parar un momentiño a coller auga nun bar (o da redonda), regresamos a Pontecesures pola vía rápida.
2-Isto foi todo. Nin alarmas, nin merodeos, nin espionaxes, nin outras barbaridades que expón o alcalde que fai ese «victimismo» de sempre. Nin coñezo á familia, nin a súa casa, nin tampouco a casa do alcalde aínda que se que é moi preto de alí da casas da perruquera desviándose por un camiño.
3-Moléstalle ao Sr. Alvarez Angueira que se descubran estas «trampas» para gañar votos. O que ten que facer é anular o empadroamento fraudulento.
4- Efectivamente a miña cuñada Clotilde María Pérez Castaño está empadroada na casa onde naceu na rúa San Lois dende sempre e ten a súa vivenda en Padrón. Claro que fai a vida en Pontecesures (incluso ten ao seu fillo no CPI Pontecesures, traballou na tenda de Zabala moitos anos, etc..). Eu nunca falei con ela de empadroamentos. O alcalde coñece moitos casos similares. O exemplo máis claro e o seu. Reside en Rianxo e está empadroado en Pontecesures xunto coa súa dona. ¿Por qué?

Tuso · 2-02-2007 a las 13:00

O 4º punto xa o coñecía.
Moitas gracias por facer pública a túa versión dos feitos.

Moscón · 2-02-2007 a las 20:51

Pero que teatreiro é este Angueira cando o atrapan nos chanchullos. Que teña coidado, que Sabariz sabe cousas sensibles de Angueira que influiron na contratación da filla de Etelvina (as coñecemos xa moitos no pobo, houbo favores….)segundo me din en cafeterías. E unha bomba con efecto retardado e como lle tiren da língua os do bloque ao antigo «llanero» vai cantar.
Espérase unha campaña……

Paspallás · 2-02-2007 a las 23:32

Non comprendo como Sabariz obten estas informacións para atrapar ao alcalde. Ten que haber algún «topo» no BNG que lle pasa información. ¿Pode ser o Parracho? ¿Pode ser algún do bloque de Rianxo?.

Responder a Tuso Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.