RETIRARONSE OS ALIMENTOS EN PROL DO POBO SAHARAUI

Publicado por fru en

Esta tarde sobre as 20 h. Fernando Rodriguez «O Parracho» e integrantes de Proteccion Civil de Pontecesures procederon a retirar os alimentoso do Super Froiz donados polos veciños para enviar coma axuda ó pobo saharaui. Foron mais de 7 carros de super cheos ata arriba, un volumen que non se esperaba polo pouco tempo que se dispoñia para facer esta recollida..

Como curiosidade decir que ademais dos productos solicitados (aceite, azucre e lentellas) pola súa escasez nos campamentos do deserto, a xente entregou voluntaria e anonimamente productos coma  pasta, arroz ou incluso productos de aseo coma xel de baño.

Agora vanse centralizar este alimentos e pasado mañá sabado marchan en varios autobuses donados a esta Asociación Galega de axuda ó pobo Saharaui, que se encarga de envialos para aló, e aproveitando o desprazamento destes buses, estes van cheos dos productos donados en toda Galicia.

En nome da Asociación Fernando «Parracho» quere agradecer a colaboración de todos, lembrandose tamén de Radio Valga que fixo moita difusión desta campaña.

Preveese para Maio outra campaña de recollida aproveitando outra doazon de buses por parte de Vitrasa, e a Asociación espera dispor de mais tempo para organizar mellor a recollida de alimentos.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.