O alcalde de Pontecesures entrega un dos premios ‘Arousán do Ano’ do Diario de Arousa

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No VI aniversario do Diario de Arousa foron entregados por este medio, onte no Auditorio de Vílagarcía, os premios «Arousán do Ano», acto ao que asistiron varios alcaldes e autoridades autonómicas e provinciais.

Foron premiados o comisario Simón Sabariz Rolán, a Fundación Galega contra o Narcotráfico, Protección Civil de Vilagarcía, a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, o Gran Hotel Hesperia A Toxa, Apaioga, o colecivo ecoloxista Adega, o Instituto nº 1 de Riveira, a Cámara de Comercio de Vilagarcía, Jesús Paz presidente do Porto de Vilagarcía, Sara Gómez Ferreirós, Manuel Diz Andión, Ramón Caride Ogando, Carlos Blanco Vila, o concello de Rveira polo centenario da cidade e houbo unha homenaxe para tres alcaldes que deixan o cargo (Telmo Martín, Joaquín Gago e José María Tobío).

O alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Alvarez Angueira, entregou o premio «Arousán do Ano» á Asociación Profesional de Axentes de Oportunidades Galega (Apaioga) polo traballo que realiza o colectivo a prol da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. En representación desta asociación recibeu o premio Consuelo Ribadulla.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.