O venres día 9 de marzo 2ª «Festa dos anos 80» na Maty
A partir das 23 horas do venres día 9 de marzo, terá lugar na Discoteca Maty de Pontecesures a «2ª Festa dos anos 80» con entrada gratuita. Está organizada por un grupo de persoas de Padrón que eran asiduos á citada discoteca neses anos. A primeira festa tivo lugar en outono pasado e foi un éxito espectacular con gran ambiente ata altas horas da madrugada. Faise un chamamento ás persoas maiores de 30 anos para que asistan a esta festa para rememorar os vellos tempos. A festa terá lugar nas instalacións da nova Maty pois as antigas do edificio de dúas andares está adicado na actualidade a almacén.
Estanse a prodigar estas iniciativas na comarca, xa que hoxe día 3 a partir das 23 horas haberá, tamén con entrada gratuita, una Festa dos anos 60-70 no Casino de Padrón. «Pinchará» discos daquelas décadas, Héctor Bermúdez o popular locutor de Radio Valga.
14 comentarios
Flor · 3-03-2007 a las 21:46
Gracias Sabariz por informar de esta fiesta. Yo estuve en la anterior y lo pasé pipa. Todos a la fiesta del viernes.
Veija · 4-03-2007 a las 21:36
saca o fusiño do cu de sabaris, pelota!
luis j. · 4-03-2007 a las 21:49
haber cuando hace el ayuntamiento una fiesta como dios manda para nosotros,los vellos de la tercera y cuarta edad,que también lo merecemos
Paspallás · 4-03-2007 a las 23:16
Inolvidable a Maty dos 80 con aquela sala vella da catro pistas. Alí namoráronse Sabariz, Oscar Gerpe, Ricardo Campos (o fillo eh), Teresa a Cacharra e outros persoeiros do concello. Margarita xa estaba namorada e Daniel Chenlo nin coa Maty.
Flor · 5-03-2007 a las 20:50
Muy pocas veces hablé con Sabariz y no tengo necesidad de hacerle la pelota a nadie. Por mucho que duela yo lo veo trabajador y que se esfuerza para colaborar en darnos las noticias del pueblo. A ti que mal te hizo, Veija.
Veija · 5-03-2007 a las 21:03
xa tasme a disir que ti es xusta e reconoses o merito, sabaris nonme fixo mal aljun, nin mal nin ben como a sesures, sete anos jobernando para acabar de radiador de notisias, ajora por que escribe e di o malo que e o mANJEIRA e un heroe, sabes o que che dijo: PELOTA que de parvo teño pouco. CHANCHULLOS A casa da collona.
outro · 6-03-2007 a las 14:15
Veija, nesta páxina cada cual e cada quen pode escribir o que queira, ese e o seu mérito, solo che pediria unha cousa, mellor dito duas, aprende a escribir e ten educación.
Antonio Cortés · 6-03-2007 a las 14:28
Veija, no formulario para escribir comentarios aparece debaixo:
Esto aplicase tamén á túa forma de escribir. Por outra parte, como ben di «outro», repeta ó resto da xente e comportate ca educación e boas formas que se che presupoñen.
Un saudiño.
veija · 6-03-2007 a las 15:02
eu respetar respeto o que pasa e que son moi pelotas , pensan que son parvo a xente e non e asi. ala sejide jobernando.
Tiroliro II · 9-03-2007 a las 18:49
Haberá que ir hoxe á Maty a tomar unhas copiñas. Quén non lembra aquelas copas dos anos 80 co lavado de vasos naqueles cubos. Nin lavavaixelas nin ostias. Vasos ao caldeiro con auga ata o fondo e outra vez para arriba. E non se intoxicou ninguén. Os máis escrupulosos bebían aquelas cervexiñas a morro.
E os morreos naqueles sillóns cunha escuridade total. Algún ou algunha ás veces confundíase de parella. Era o que había………..
lua · 9-03-2007 a las 19:40
Pois si,tiroliro
a verdade e q isto gùstame mais, quero decir este comentario, por unha vez en moito tempo
saeme un soriso o ver a pàxina…
¡ que tempos aqueles…
saudiños
Flor · 9-03-2007 a las 20:08
Había en aquellos sillones bastante más que morreos. Tenían datos suficientes para hacer pruebas de ADN.
SO4H2 · 10-03-2007 a las 00:47
Moi mal administrator por quitar. En alemán tamén se pode escribir ¿ou non? Repón o comentario. E si en alemán sí, ¿por qué non en grego?. A xogar…é pra listos…
Antonio Cortés · 10-03-2007 a las 01:21
Moi Mal SO4H2, … parecía o típico mensaxe de Spam que aparecen a miudo e teño que borrar. Caracteres raros e outro idioma.
Si queres comentar sería recomendable que fose «para todos».
P.D.: Unha vez que o comentario foi pasado ó AKISMET (filtro de Spam) xa non se pode recuperar de ningúnha forma