O alcalde anuncia a creación da páxina do concello «pontecesures.org» dicindo en tono crítico que «é org non net».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

web-oficial.jpgNo pleno ordinario de onte o alcalde anunciou a nova de referencia (en quince días estará creada, dixo) dentro do apartado de rogos e preguntas. Con tono crítico, de xeito velado, e sen vir a conto. citou esta páxina que xa fora calificada noutro pleno por Alvarez Angueira co termo de «zafia». Cando este concelleiro quixo intervir para deixar claro que para anunciar a creación dunha páxina oficial non hai que facer referencias a outras nese tono, e para defender a este medio, o alcalde, na súa liña de prepotencia de sempre, retiroume a palabra. Este é o alcalde tolerante, dialogante e defensor da liberdade que temos. Unha pena.

Quero facer un chamamento a tódolos letores desta páxina para que participen activamente na mesma co fin de potenciala. Demostrarémoslle ao alcalde que por moito que intente prexudicarnos, imos a máis.


3 comentarios

Antonio Cortés · 29-03-2007 a las 07:43

Tódolos concellos teñen reservado o seu nome baixo o dominio de primeiro nivel «.es». Polo que recomendo ó concello, si vai facer a páxina oficial, que o faga baixo este dominio: pontecesures.es

Lembro que esta páxina non vai a competir con ningunha outra, unha será a oficial que virá definida polo concello, e outra non oficial que virá definida polos veciños.

Barcalés · 29-03-2007 a las 19:27

O Alvarez hoxe no mitín vai falar da páxina nova da (org…) non da (net)que non é favorable ao réxime…

picaporte · 31-03-2007 a las 15:31

este angeira. . . coa creación de unha páxina nova non te vas salvar dos coentarios da xente.
Esta páxina non será oficial pero e do millor que se atopa de pontecesures na rede,contade co meu apoio para seguir con ela

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.