Angueira pide colaboración para identificar a los gamberros.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

vixiancia.jpgEl alcalde de Pontecesures, Luis Alvarez Angueira, apeló ayer a la colaboración vecinal para identificar a las personas que en la madrugada del pasado domingo causaron actos vandálicos en la villa cesureña.

Angueira explicó que ya había interpuesto la denuncia correspondiente en la Guardia Civil y que iba a solicitar una entrevista con el subdelegado del Gobierno en Pontevedra para pedirle más efectivos de seguridad.

En la madrugada del domingo unos vándalos arrancaron varias farolas de cuajo del paseo marítimo y arrojaron cuatro contenedores de basura completamente llenos al río Ulla. «E o máis grave que ocorreu ultimamente. Pode haber movida sen ter que romper nada, pero é certo que algunhas persoas non saben pasalo ben doutro xeito». Al alcalde le parece «malo» tener que recurrir a medidas policiales, pero «hai que controlar a eses catro».
Recordó que la Policiía Local, compuesta sólo por auxiliares, no puede realizar turnos de noche y que la Guardia Civil de Valga no da abasto. «Nós non podemos controlar á xente», dijo,y por eso apeló a la colaboración vecinal «para que os denuncien».

DIARIO DE PONTEVEDRA, 04/04/07


12 comentarios

vergoña · 4-04-2007 a las 15:45

A garda civil o que ten e moita cara seguen sendo uns absolutos impresentables. Nin lle importa a seguridade dos veciños que saen de noite en cesures nin o inmobiliario urban nin nada. Soamente fai o peripé e mal feito. Pareceme ben que tomen medidas pero non culpen a cidadanía de non colaborar debido que si chamas a garda civil as 4 da mañan nin sequera aparecen. O que máis rabia da e que veñen de fora a romper todo, seguro que os seus pobos teñen as farolas intactas. Asique implantar un par de policias competentes para a seguridade de todos que é o seu deber non daña a ninguen (e todo o mundo o agredeceria).
Despois andan os civiles todos tolos en San Xoan e detras dos que xogan o futbol, andan en patins ou en bicicleta e os problemas reais como estes non fan nada e pasan de todo solo son uns incompetentes e inutiles.

Jose · 4-04-2007 a las 17:16

Non sei como estas tan segura de que son os de fora os que veñen a romper todo.Dentro do noso concello sobran maleantes dispostos a facer eso, e moito mais.Sempre caemos no mesmo erro de pensar que os nosos fillos se comportan igual á hora de comer, que o sábado á noite, e eso, péchanos os ollos.Non sempre sabemos o que temos na casa, faime caso.
O chamamento de Angueira pareceme moi oportuno, e de levarse a cabo, máis de un veciño vai levar unha sorpresa. Faime caso.

vergoña · 4-04-2007 a las 17:41

Pois mais facil o teñen para identificalos ainda que eu creo que os que romperon iso non foron de cesures. Ultimamente hai certa xente que ven de outros concellos a romper cousas sen compaixon (unha minoría iso si). Aqui se alguen rompe algo sabese rapido, pois, e un pobo pequeno. O unico que non sabe nada e a «Guarda Civil» porque esta ausente. O peor de estas accions e que como se corresponde a diñeiro publico parece que hay un home dandolle a maquina dos cartos e non e asi.

Javi · 4-04-2007 a las 18:06

Dos destrozos concretos do sábado non podo precisar, si así foxe, sería o primeiro e denunciar, non o dudes.En xeral, si che podo asegurar que participan moi activamente os nosos fillos, sobriños, ou veciños, da igual. Estou totalmente contigo no referente os cartos públicos, ó fin, son os teus e os meus, e temonos q privar de outros servicios, por mor de arranxar estes destrozos.
Tampouco creo que a culpable de todo sexa a Guardia Civil.
Presencia deste corpo si que hai no concello, non será a suficiente, non o dudo.
O que quere facer mal, sabe como facelo, e unha parexa da Guardia Civil non pode estar en todolos sitios ó mesmo tempo.
De todas formas, este non é un problema que sufra soio Pontecesures, en todos os pobos desgraciadamente sucede, pero é verdade que a cada un doille o seu, e a ti e a min, o noso.
Un saúdo.

Tuso · 4-04-2007 a las 18:13

??Nós non podemos controlar á xente?, eslogan semellante ó que nos teñen acostumados ós de Tráfico. Espero que con isto non queira botar parte da culpa ós veciños ;-).

Está ben que solicite a colaboración veciñal para identificar gamberros, pero de ahí a que pretenda que sexan os propios veciños os que «denuncien» hai un gran cacho.
Os veciños non solemos ter avogados de man (nin cartos de sobra) para andar denunciando por ahí, aparte de que non valdría de nada, porque sería díficil probar os feitos, e inda que se probaran, xa todos sabemos que «non suele pasar nada». Bueno, si, que seguro que terás un problema co que denunciaches e ca súa pandilla…e como non hay «axentes» dispoñibles, pois arreglate ti.

En canto o de que a Garda Civil non acude ás chamadas…supoño que virá cando pode e dependendo da situación. Cos poucos efectivos que habitualmente teñen dispoñibles, bastante fan, tendo en conta a extensión que controlan de noite.

A ver se temos sorte e da entrevista co subdelegado sale algo bo, pero de xeito permanente, e non so durante unha tempada ata que se calme a cousa, e logo outra vez ás andadas.

De tódolos xeitos, se o Sr. Alcalde quere colaborar, non ten mais que pasearse calquera sábado de madrugada polo pobo, e sobraralle ocasión de denunciar a unha morea de xente («pasadas rápidas» de coches e scootres, destrozos, liortas, etc. Que leve unha libreta ben grande para anotalos). Polo de predicar co exemplo mais que nada.

Jose · 4-04-2007 a las 18:36

Tampouco creo que esa sexa función de un alcalde, Tuso, inda que o podería facer igual que calquer outro veciño.Tes razón.
O noso concello non acada o número de habitantes suficiente pra ter corpo da Policia Local propio, e suficiente,(o que temos son auxiliares creo)
A miña pregunta e a seguinte:
¿Concellos como os de Sanxenxo, que ven incrementado o número de habitantes no vran, non dispoñen de un reforzo nesta tempada pra afrontar os problemas derivados dos seus visitantes?
Cesures afronta tamén un incremento no fin de semán, inda que non comparable, tampouco sería comparable o que necesitáramos.
Axudaría a loitar contra uns problemas que co noso Padrón Municipal non podemos.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-04-2007 a las 18:45

Efectivamente, é un gran problema este da seguridade cidadá especialmente nas noites dos sábados. En moitas ocasións pedíronse reforzos ao Subdelegado do Goberno por danos na estación do FF.CC, nas luminarias do peirao, nos sinais, etc..
Denunciar estes danos non ten custo algún e debe colaborarse. Hai un par de meses nunha noite de sábado, algúns veciños da rúa Calera me contaban que sentiron como apedreaban varios globos das farolas do paseo do peirao. Nin tempo tiveron para chamar á Garda Civil pois os autores fuxiron á carreira.
Tes razón «Tuso» no das incidencias dos sábados pola noite. No último presenciei unha colisión por alcance na rúa Sagasta e aínda que foi un contacto leve a liorta que se formou despois cun conductor abalánzandose sobre o outro foi considerable (alborotos contínuos, derrubo de colectores a patadas, saída dun dos vehículos a grande velocidade con aceleracións contínuas, etc..) Veu a patrulla de atestados da Garda Civil pero e que nese momento apareceu un xove que durmía tendido no chan no aparcadoiro da estacíón onde non había alumeado. Por pouco hai unha desgraza pois estaba preto das rodas dun vehículo que ía dar marcha atrás. Hubo que chamar a unha patrulla da Garda Civil de Vilagarcía e a unha ambulancia porque o xove semellaba que estaba inconsciente.
Todo isto demostra que as incidencias de todo tipo son habituais e que se precisa mellorar a seguridade para beneficio de todos.

vergoña · 4-04-2007 a las 19:08

Javi, mal de moitos consuelo de tontos non podes comparar a extension de cesures que se controla en 5 minutos a pe. Son duas ruas as que tes que vixiar tampouco creo que sexa moito. («Non podemos controlar a xente») Non sei a que se dedican logo.
Agora ben, non sei a «extension» que vixia a «Guardia civil» pero supoño que se podian estar toda a noite diante da «octopus» a comer o bocadillo tamen poden estar no muelle mirando haber quen fai mais o parvo. O que pasa que Cesures interesa pouco e asi temos a fama que temos.Ademais a xente loxicamente ve este tipo de accions (entre moitas outras que sinala Tuso) e xa sabe a onde non volver.
Ainda asi espero que haxa mais efectivos para que non acaben co pouco que nos queda en bo estado no pobo.

Javi · 4-04-2007 a las 20:10

Efectivamente, vergoña, mal de moitos consuelo de tontos, pero non penses que a min me consuela,ó contrario, indigname.
Soio quixen decir que é un problema xeneralizado, que non atañe soio a Pontecesures.
Mais que críticar a labor da Guardia Civil, eu criticaría os escasos medios cos que contan, ou en todo caso criticaría a algúns menbros que,individualmente, como en todolos colectivos, non desempeñan a súa labor como sería adecuado.
A tódalas accións que te refires tanto ti como Tuso, aplicolle as mesmas consecuencias que vos. Nom me cabe duda de que os perxudicados son tanto o concello, como tódolos negocios da Hosteleria de Cesures, como tódolos postos de traballo que xeneran, (que non son poucos) como os veciños, e por suposto os clientes.

Mencionar que, o mais triste,e que hai xente que pensa que se pecharan todos os Pubs, acabaríanse tódolos problemas.
Tamén en Padrón se votaras a tódolos vendedores ambulantes acabarías co mercado, e por consiguiente, cos carteristas e cas rúas cheas de lixo. Afortunadamente en Padrón non pensan así.
Chamame a atención que os locais de Cesures sufren as presións policiais mais fortes de tódalas zonas de copas que coñezo, rexindo en toda Galicia as mesmas leis pra todos.
Si saio en Boiro, en Santa Comba, en Ordenes, en Caldas, en vilagarcía, en Santiago ou donde calquera me poña como exemplo, a noite acabase as sete, oito ou nove da maña. En Pontecesures, aparece a Guardia Civil a pechar os locais a hora de peche fixada pola xunta e todos pra Boiro, que son horas.
Sería bo deixar á xente pasalo ben, disfrutar, ol locales traballar, que é o que están facendo, e os maleantes… LE?A
Un saúdo.

Paspallás · 4-04-2007 a las 23:55

Deixadevos de parvadas, hai que meter no chiquero a estes bárbaros. Que traballe a garda pretoriana pola noite. Que patrullen, pero non co Patrol senón Cesures queda sin gasoil.

vergoña · 5-04-2007 a las 17:23

Enton estamos na mesma teñen tempo para ir a cerrar os locais todos chulos botando peito e para vixiar os maleantes non..bah. Haber en que acaba todo esto pero os cesureños tamen pagamos impostos para ter uso de ese corpo polo menos que este presente os sabados a noite creo que non e pedir tanto. Un saúdo.

natxandkoky-ksk · 3-07-2007 a las 17:50

paspallas e sabariz Rolan, deixad aos vandalos locais facer o que lles sala dos collons, xa q o señor S ten mais perigo ca eles no pueblo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.