BALONCESTO: MA?Á XOVES O EQUIPO SENIOR DO EXTRUGASA RIO ULLA VAI XOGAR NO CÁRCERE DE A LAMA

Publicado por fru en

p(centrado). basket1.jpg

Este Xoves Santo ás 5 da tarde, aproveitando as vacacións, o Extrugasa Rio Ulla vai xogar un dos 2 partidos que ten pendentes, para o que se trasladará ó cárcere de A Lama para disputar ese encontro frente ó quipo dos internos desa prisión.

Esta é unha experiencia novedosa, pois inda que no mundo do futbol xa levan xogando internos na liga de veteranos da provincia uns cuantos anos, e ante a boa experiencia que lle supón ós presos, esta pasadatemporada decidiron federar un rquipo na liga de baloncesto. Xogan sempre no cárcere, e fanse cargo das arbitraxes. O seu equipo está formado por unha autentica ONU: lituanos, iugoslavos, americanos, hispañoamericanos e árabes, ademais de españois, conforman as distintas nacionalidades deses reclusos.

As opcións de clasificarse para disputar a «final a 4» da fin de semana do 21 e 22 de abril pasan por gañar eses 2 partidos que lle quedan e que o Cuntis perda nalgún dos partidos que tamén ten que disputar, polo que o Extrugasa a dia de hoxe non depende de si mesmo.


19 comentarios

O Rei · 5-04-2007 a las 17:19

Tocará este ano gaña-la Liga de novo? Esta novidade dunha final a catro sen dúbida beneficia a todos menos a un, o campión da liga regular. Iso fai que a liga sexa emocionante ata o último momento e o noso CB teña todavía posibilidades. Veña con esa ONU! A verdade é que o equipo seguro que se resentirá das baixas con respeito ó ano pasado 😉

fru · 5-04-2007 a las 20:59

Pois tes razón no de que vai ser un final de liga emocionanate, primeiro por ver quen se clasifica no cuarto posto, se Cuntis ou nos, pois os outros 3 postos xa están claros:
1º Arxil
2º Cambados
3º El Doce Portas

Hoxe o equipo ben, gañou en A Lama 53 – 45 xogando moitos minutos todos os compoñentes, ata os 3 xuvenís que ian convocados.

E seguro que se bota de menos ós «abuelos» do equipo Guillermo e david…

ahhhh!!! E a chus o melenas 😉

Jose Maria · 11-04-2007 a las 09:03

Cuntis, vos ou o Liceo Casino de Pontevedra que ainda ten posibilidades. Se gaña os 2 partidos que lle quedan e vos soamente gañades un, o LCP acaba 10-8 e vos acabades 9-8 ou 9-9.

Jose Maria · 11-04-2007 a las 09:18

Por cierto, cuando juega Rio Ulla el partido aplazado que le queda contra Portonovo?
Gracias

fru · 11-04-2007 a las 16:29

Hola, o que mais posibilidades ten de clasificarse, pois depende de si é Cuntis, que si gaña os 3 encontros que lle quedan sería o 4º clasificado, pois nos ten o basket-average ós outros 2 equipos.

Pontevedra creo que ten 17 xogados e está 8 gañados – 9 perdidos. Sen posibilidades a dia de hoxe. Pois ou Cuntis ou nos os superariamos.

Nos temos 17 xogados e estamos 9 gañados e 8 perdidos. Inda que perdesemos e Pontevedra gañase o que ten pendente temoslle o average, polo que Pontevedra está descartado. Así, temos que mirar que fai Cuntis: si perde 1 e nós gañamos o noso contra Portonovo (que é o ultimo equipo), pois pasaríamos de 4º.

Na tarde de hoxe confirmaremos se xogamos este sábado as 19.30 h. ese partido pendente contra Portonovo, rematando así a liga e esperando ós resultados do Cuntis.

Gracias polo teu interese.

Paspallás · 11-04-2007 a las 23:36

Fructuoso, levas máis tempo de entrenador que Villamor na alcaldía de Padrón. Vas bater o récord de sir Alex Ferguson o do Manchester United

Jose Maria · 12-04-2007 a las 09:35

Hola. Soy Jose Maria, del Liceo Casino de Pontevedra. Te comento: Portonovo, que tenia pendientes 3 partidos contra vosotros, nosotros y Cuntis renuncia a jugarlos y se nos dan ganados 20-0. Entonces, vosotros acabais 10 V-8 D, nosotros estamos ahora mismo 9-8 (no estabamos 8-9 como pusiste ahi) y Cuntis esta 7-8. Cuntis juega el domingo contra Arxil y esta tratando de organizar partido contra A Lama el sabado por la tarde. Si juega los 2 y los gana, acaba 10-8. Si nosotros ganamos el domingo por la mañana en A Lama, acabamos tambien 10-8. Cual es el problema? Que creo que habria que recurrir al basketaverage total, porque se da la casualidad (para volver mas loca esta temporada tan mal organizada) que nosotros perdimos los dos contra vosotros, Cuntis os gano los 2 y nosotros le ganamos los 2 a Cuntis. De todos modos, nosotros tenemos el basketaverage muy mal con lo cual supongo que contaremos poco. Asi estan las cosas.
Otra cosa: tu no crees que para el año proximo seria mejor cambiar y hacer un grupo unico? No creo que en zonal A haya tanto nivel (Estudiantes por ejemplo ha estado arriba cuando tenia un equipo para jugar en B) como para que 5 o 6 equipos de zonal B no lo hagamos medianamente bien. No te parece? Saludos

fru · 12-04-2007 a las 16:34

Hola José María. Saudos.
Respecto ó final de liga, Cuntis segue dependendo de si, e o Liceo de Pontevedra non tedes opopcións de pasar. Me explico: Cuntis gañando os 2 que ten para xogar acaba 10-8, os mesmos que nos, e pode que vos. Pero creo que polo basketaverage entre os 3 equipopasan eles. Mirei os resultado e a cousa está así:
Liceo gañou a Cuntis os 2 (por 1 e 6 tantos)
(Liceo +7 Cuntis -7)
Cuntis nos gañou a nós de 19 e de 7
(Cuntis + 26 Rio Ulla – 26)
Rio Ulla gañamos ó Liceo (por 10 e 17)
(Liceo -27 Rio Ulla + 27)

Os averages creo que serían:
Cuntis -7 +26 = +19
Liceo +7 -27 = -20
Rio Ulla +27-26 = +1
Polo que Cuntis pasaría se gañan. E se non gañán un dos 2 encontros e vos si o voso pasaríamos nos por tervos gañados ambos encontros.

E tes razón que hai que valorar esta temporada como mal organizada e peor desenrrolada. Moito teñen que cambiar as cousas na federación, e imos ver se os que entraron logran darlle outro pulo ó tema… o de 2 divisións ou unha soa é para estudiar, alguén mais o apuntaba o outro día.

¿E como chegaches a dar con este sitio? Veña saudos dende Ceusres, e sorte na copa se participades.

Jose Maria · 12-04-2007 a las 18:14

Ok, pois manda carallo como Cuntis se clasifique. De todos modos, non creo que sexa un sistema demasiado xusto. Nos logo do ano pasado nefasto este ano damonos cun canto nos dentes, ainda que perdimos algun partido (incluido o que xogamos contra vos ahi, 19-30 no descanso gañando e perdimos ao final de 17…) que non tiñamos que perdelos. Vos tamen empezastes de pena o ano e logo fuchedes capaces de remontar.
Respecto ao tema de division unica eu creo que é a solucion. Ademais, hai outro problema engadido: este ano houbo equipos como Portonovo que tiveron moitisimso problemas para sair e empezar e e agora van e non xogan; outros equipos doutros anos como Forcarei xa non saen, Cuntis tamen ten moitos problemas, etc. Non sei, pero quizas en Setembro na reunion de comenzo da liga atoparemonos cun zonal B con menos de 8 equipos. De ahi que eu aposto pola unificacion.
Bueno, xa falaremos. Por certo, atopeivos buscando se teñades paxina web ou similar para enterarme dos resultados antes de que os puxeran en fegaba.com. Esta moi ben esta paxina de Pontecesures…
Outra cousa: se non o coñeces hai un foro cada vez mais participativo que é o que ten Peixe Galego, o equipo de basket de MArin. Ai se fala moito sobre a Delegacion e sobre o basket destas categorias: http://www.peixefresco.com

Saudos.

Jose Maria · 12-04-2007 a las 18:15

Olvidouseme: sabes algo das intencions da Delegacion con respecto a Copa?
Vaina haber?

fru · 12-04-2007 a las 20:35

Respecto da copa podoche decir que se falou hai 3 semanas, nunha reunión de urxencia para ver que se facia co final de liga, e se se xogaba a «final a 4», cando etc. Ahí decidiuse xogar a final a vindeira fin de semana (21,22), e a continuacion empezar a copa. E esta sería a sorteo puro e eliminatorias: octavos (O 29/4 E 6/5), cuartos (13 e 20 de maio) e «final a 4» o 26 e 27 de maio para rematar a temporada.

Sobre o noso mal comenzo tes razon, pero tivemos que xogar toda a 1ª volta sen bases, un non chegou a empezar, e un rapaz que estaba xogando de 2º base lesionouse no 2º partido de liga e xa non xogou mais. Por elo perdimos partidos que non tíñamos que perder.

Saudos

Paspallás · 14-04-2007 a las 00:33

Estaste a escaquear Fructuoso, compareiche co Parrulo de Padrón e con Sir Ferguson e nin contestas. Tamén estivo moito tempo Piñeiro Ares e fixecheslle fronte. Pero con Angueira non te atreves

fru · 14-04-2007 a las 15:03

Deportivamente falando estamos EMPATADOS, 1 – 1 en escaqueos… Por ahí atrás figura a miña invitación para debater en persoa non recordo que temas, e ti tampouco o fixeches, pasaches. POis iso, empates e así ninguén gaña.
Sobre o que me acabas de decir agora tería moito que falar logo, pero espero a tua resposta, pode ser interesante.

Ahhh, e de paso aclarábache certas cuestións en relación a miña «ferramenta» (fotográfica, claro) e á luz ambiental que hai no centro social. Quedo á espera, veciño.

Paspallás · 16-04-2007 a las 22:38

Oes fructuoso estás traballando ben no deporte, non tomarías en serio que che comparase cun elefante polo tempo que levas, eres bo analista de pizarrillo.
O día da elección de alcalde despois das eleccións vou sentarme ao teu lado no concello e falamos o que queiras. Vexo cambio e vamos ver xuntos cantos dos que non lle votaron van felicitar o novo alacalde, algo típico de Cesures, verás. Para o baloncesto todo pose ser mellor.

fru · 16-04-2007 a las 23:01

¿Agora teñoche que agradecer o cumprido, ou te estas quedando conmigo? Pois moi ben, ese dia que dis suele ser sábado pola mañá e alí estarei coma nas 3 últimas veces. Así que gardarei o asento do lado para que non te preocupes polo sitio, se chegas tarde, pode ser interesante a cousa. Coma é de dia non habera problema pola luz ambiental, así que podo quitar algunha foto, non a ti, que igual rompes a cámara, (non por feo, senón por cabreo) ¿ti que dis, valerá a pena que a leve?

Antonio Cortés · 16-04-2007 a las 23:21

Paspallás … a metade do teu comentario sobra … ¿ sabes o que é o baloncesto ? , ¿ sabes o que é política ?. A entrada vai do primeiro, única e exclusivamente, e non me vale «falar ó 50% da entrada» e pasar a outro tema, hai exactamente 1.700 entradas, tes sitio e sitio onde poñer os comentarios correctamente, non inicies nin continues conversar fora de tema.

raquelita · 17-04-2007 a las 13:14

fru no hagas caso a paspallas que no vale la pena. en junio voy a estar tambien como hace 4 años.y mas ,tu vales mucho (fru claro esta)

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-04-2007 a las 13:51

Amigo Fruqui, parece que «Paspallás» quéreche tirar da lingua para que entres ao trapo. Eu sei que che gosta a análise política, e facer prognósticos do que vai pasar o mes que ven (a estatística parece que che vai). Pero aquí escribes como namorado do basket e teño que recoñecer a labor que levas feito durante tantos anos no deporte da canastra. O dificil nestes postos non é chegar senón manterse e, as veces, vencer a apatía de moita xente. Falar e sinxelo, pero utilizar o tempo a prol, dos demáis sen nada a cambio, xa non o fai moita xente, lamentablemente, na sociedade que vivimos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.