Bando de tráfico para o día da Festa da Lamprea.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ponse en coñecemento dos veciños qu o vindeiro domingo 15 de abril, a rúa San Lois será pechada ao tráfico, quedando totalmente prohibido o estacionamento no tramo comprendido dende «Ultramarinos Zabala» ata «Zapatería Santos», a partir das 9 horas e ata as 18 horas, dado a que en dito tramo será instalada unha exposición de automóbiles antigos, como evento dentro da programación da «XII Edción da Festa da Lamprea».

Dende o goberno municipal agradécese a colaboración cidadá para que esta nova edición da «Festa da Lamprea» resulte un evento de encontro e disfrute entre tódolos veciños e visitantes.

Pontecesures a día 12 de abril de 2007
O alcalde: Manuel Luis Alvarez Angueira.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.