Concurso de redacción «Letras Galegas 2007»

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DAS ANPAS DO CEIP BA?O-VALGA, CEIP FERRO COUSELO DE CORDEIRO, CPI PROGRESO DE CATOIRA E CPI PONTECESURES.

Na tarde de onte tivo lugar nas instalación do CPI Progreso de Catoira una reunión entre os representantes das catro ANPAS para tratar do X CONCURSO DE REDACCI?N para os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria das catro centros para celebrar o dia das LETRAS GALEGAS 2007. (A novidade é que nesta edción se incorporan os alumnos/as de 3º de primaria)

Os traballos deberán ser individuais, en galego, manuscritos ou impresos no ordenador, e sobre tema libre.

O xurado estará composto polos directores dos catro centros e a entrega de premios será o venres 1 de xuño no CPI de Catoira xa que correspóndelle á ANPA de dito colexio a organización da edición deste ano (o ano pasado foi en Pontecesures e ten carácter rotatorio)

As ANPAS dos catro centros queren facer un chamamento á participación dos rapaces e manifestan a súa satisfacción porque unha iniciativa que xurdiu hai xa dez anos se consolide co fin de potenciar a cultura e o uso do galego na comarca.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.