O luns día 30 pleno para o sorteo dos membros das mesas electorais.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

As 13 horas do luns día 30 de abril no Salón de Sesións da Casa do Concello terá lugar o pleno para o sorteo dos membros das mesas electorais dos comicios locais do 27 de maio.
Lémbrase que en Pontecesures fórmanse tres mesas. Unha estará ubicada no Club Xuvenil (Sección 1ª, Mesa Unica), mentres a outras dúas serán instaladas en aulas do CPI Pontecesures (Sección 2ª, Mesas A e B dependendo do primeiro apelido do/a elector), entrando pola porta que da ao Pino Manso.
Elíxense 9 membros por mesa (un presidente e dos suplentes; un primeiro vogal e dous suplentes; e un segundo vogal e, tamén, dous suplentes) e só por razóns legais pode verse liberada unha persoa desta obriga correspondéndolle esta decisión a Xunta Electoral de Zona.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.