Programa Electoral do PSdeG-PSOE de Pontecesures

Publicado por Antonio Cortés en

PSOE-PONTECESURES

NORMALIZACI?N DA VIDA MUNICIPAL

* Devolverlle ao Pleno o carácter de supremo órgano de debate da política municipal.
* Fomentar a participación directa dos veciños nas sesións plenarias.
* Converter o concello nunha institución aberta para tódolos concelleiros e veciños.

XESTI?N ADMINISTRATIVA

* Axilizar a tramitación de todo tipo de expedientes de licenzas e outros asuntos..
* Renovar o parque móbil do concello.
* Garantir a transparencia e a equidade na contratación de persoal.
* Ampliar o horario de atención ao público do técnico municipal en cuestións de urbanismo e obras.

SERVIZOS

* Poñer en marcha a depuradora municipal de augas residuais xestionando coa Xunta de Galicia o saneamento integral.
* Potenciar a seguridade cidadá.
* Posibilitar a recepción de Internet coa colaboración da Xunta.
* Xestionar a instalación de contenedores soterrados nalgunhas rúas.
* Construir un parque empresarial axeitado ás necesidades do municipio.

SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

* Ampliación da asistencia sanitaria no Centro de Saúde de Pontecesures cun 2º médico xeral e un pediatra.
* Potenciación do servizo de axuda no fogar.
* Creación dun Centro de Día para persoas mayores e discapacitadas.
* Talleres de tempo libre para os nosos maiores.
* Eliminación de barreiras arquitectónicas nas rúas e nos edificios públicos.

EMPREGO

* Solicitar outro obradoiro de emprego de inmediato.
* Xestionar que se impartan polo propio concello os cursos de formación para desempregados.

TRÁFICO

* Xestionar a instalación dun semáforo de peóns na estrada nacional para posibilitar o paso dos veciños que se dirixen a San Xulián.
* Organizar o tráfico na rúa Deputación.
* Adopción de medidas para que se respeten os límites de velocidade nas rúas do pobo.
* Reserva de prazas de estacionamento de vehículos para discapacitados

EDUCACI?N

* Melloras no transporte escolar con paradas en máis zonas do municipio.
* Instalación dun comedor escolar no CPI Pontecesures
* Potenciación das actividades extraescolares.

CULTURA E DEPORTES

* Potenciación das festas patronais e da festa da lamprea.
* Consolidación da cabalgata de reis como referente da comarca e creación dun concurso no antroido de desfiles de comparsas polas rúas.
* Creación dun concurso literario con nome de ??Borobó? e outro de pintura co nome de ??Carlos Maside?.
* Fomentar a realización de cursos de formación audiovisual.
* Mellora, mantemento e coidado das instalacións deportivas.
* Axilización no pago das subvencións aos clubes deportivos que serán fixadas con crtiterios de equidade.

INFRAESTRUCTURAS

* Construcción dun edificio de usos múltiples
* Acondicionamento da zona do peirao con xardins e áreas recreativas.
* Restauración da ponte romana sobre o río Ulla.
* Remodelación da Plazuela.
* Construcción de beirarrúas na Avda. de Arousa e reparación a fondo das existentes na rúa Ullán e na estrada nacional.
* Mellora das beirarrúas e alumeado das rúas Sagasta, Victor García e no Camiño de San Xulián.
* Subida escalonada para peóns na costa da pista que vai dende a vía do tren ata o campo de fúbol de Porto.
* Ancheamentos en tódolos lugares do municipio e na pista lateral da igrexa (rúa Miguéns Parrado).
* Construcción dunha zona de esparcemento no Monte de Porto.
* Mellora das instalacións da Praza de Abastos

PATRIMONIO MUNICIPAL

* Xestionar a adquisición de inmobles emblemáticos como o Castro de San Xulián, o pazo da Cova, os terreos da Papelera, o terreo de Valga e outros para desenvolver actuacións de interese para todos.

MEDIO AMBIENTE

* Recuperación e acondicionamento do muiño da Chancela.
* Saneamento do río Ulla.
* Esixir o comprimento da normativa para solucionar o grave problema que temos coa contaminación aérea por ??polvillo? ou ??viruta? de madeira.


6 comentarios

Paspallas · 14-05-2007 a las 00:32

Non está mal isto do programa pero uns chiquiteros da zona dicían na de Bernabé en Extramundi que debía haber un grupo de xente que convocara un debate na rúa entre os candidatos e outras xente da lista cun moderador, así habería moito público e non habería tanto cartel, pancartas e caralladas que sólo sirven para gastar cartos. A falar, a falar alí diante da xente e a someterse as preguntas dos veciños.

Idomeneo · 14-05-2007 a las 13:29

En concreto, ¿a que se refire o PSOE co punto no que se menciona «potenciar a seguridade cidadá? Eu, persoalmente, síntome seguro no meu pobo; nunca me atracaron nin me intimidaron, por iso gustaríame saber que medidas vanse adoptar.

O tema dos contedores soterrados, ¿é viable?.Necesítase bastante espazo (e cartos) para levar a cabo unha obra desa envergadura, ¿onde se ubicarían,por exemplo, na Prazuela?

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-05-2007 a las 17:12

Falamos de potenciar a policía local con máis medios humanos e materiais (nun futuro próximo xa non vai haber auxiliares segundo o Proxecto de Lei de Policía de Galicia) e facer xestións para que a Garda Civil de Valga tamén os teña. Non ridiculices o tema con atracos e intimidacións a veciños nas rúas que, afortunadamente, non temos en Pontecwures. A seguridade e moito máis que todo iso.
Claro que é posible soterrar algúns contenedores. Si se fixo noutras cidades (hai incluso subvención das administracións), ¿Por qué non vai ser posibel na nosa vila?

Tuso · 14-05-2007 a las 17:12

Con respecto ós puntos descritos dentro do apartado de NORMALIZACI?N DA VIDA MUNICIPAL.
¿Estou equivocado ou eso non debería de ser xa así? ¿Ten sentido poñelo nun programa? Non fai falta resposta. Comentoo a modo de reflexión.

Idomeneo · 14-05-2007 a las 19:33

Eu non ridiculizo nada, só fago unha pregunta. Se no programa aparece o punto «potenciar a seguridade cidadá», pois habera que aclarar cómo, porque o que eu entendo (lendo o programa) é que non hai seguridade (bueno, ou hai pouca). E ¿o número de policias locais non vai en función do número de habitantes?. Porque se é así, tería que aumentar o número de censados no municipio para poder dotar de «máis medios humanos» o concello.

Respecto ós contedores, primeiro lavadeos un pouco e logo xa falaremos de soterralos.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-05-2007 a las 15:38

Non hai limitación algunha, «Idomeneo», para que calquer concello teña os policias locais que queira. Naturalmente, aquí inflúen os recursos orzamentarios e hai que tomar estas decisións en función dos recursos que temos.
Efectivamente xa escoitei varias queixas de que os contenedores estan sucios e desprenden moi mal olor. No documento asinado no seu día coa Mancomunidade da Serra de Barbanza sobre a recollida do lixo para levar á planta de Lousame, figura a obriga para a empresa encargada (FCC) de limpar tódolos contenedores cada mes no verano, e cada tres meses no inverno. Eu non sei se iso se está a cumprir. Haberá que preguntarllo ao concelleiro de Medio Ambiente, Sr. Baliñas.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.