PRACTICAMENTE PECHADO O RETORNO DE PINO AO EXTRUGASA RIO ULLA

Publicado por Antonio Cortés en

pino.jpgSegún poideron saber onte fontes moi cercanas a Javier Abalo «Pino», o retorno deste emblemático xogador o equipo comandado por Fruki é practicamente un feito.

A operación xestouse cando Nacho, sen dúbida o mellor pivot que saiu da exitosa escola cesureña confirmou a súa despedida o fin da presente tempada.

A falta dun segundo pivot para proxima tempada e o obxetivo de retornar a primeira zonal, fixeron decantarse a Pino por voltar a defender as cores do C.B Extrugasa Rio Ulla rexeitando outras ofertas sen dúbida máis apetecibles.

Á falta da confirmación definitiva, os xogadores cesureños esperan novas mentres seguen preparando con ilusión o importantisimo partido de semifinais de copa do sábado, a o cal queren invitar a todos os cesureños.


16 comentarios

fru · 23-05-2007 a las 22:10

Coñe Antonio! Descubriches o secreto mellor gardado para o CB 2007-08 !!!. ¿Foron os do Marca os que che diron a nova mais gardada e esperada no ano? Inda non hai nada seguro, pero pode estar avanzada a cousa. Hai que renovar o equipo para o ano con 2 ou 3 rapaces da canteira e a fichaxe dun «crack», e quen mellor que «John» Pino. O equipo estaba xogando triste, sen ilusións, e con él cambiaría a cousa. Dende logo botamolo de menos e aportaría a experiencia necesaria para intentar gañalo título de zonal.
E mais dificil estivo fichar no verán pasado a Pepi. Así que o CB pode ter nova estrela pronto.

O Rei · 23-05-2007 a las 23:17

Logo dos permisos pertinentes, e as xestións necesarias Pino voltará ó CB. Inda o quero «ver» na pretempada correteando por Carreiras cual Gacela Thompson. Seguro que non lle virá mal a Arturo ter un recambio para os 5 minutos por partido que teña que descansar.

Unha aperta, Beckham do baloncesto!!

gulli127 · 24-05-2007 a las 00:26

Proximamente serán reveladas as condicións que Pino puso para voltar ao Extrugasa Rio Ulla e sobre todo as que tivo que aceptar. Esta si que é unha noticia que merece ser comentada e non outras por desgracia, que para min din moi pouco do meu pobo.

El conde lucanor · 24-05-2007 a las 09:55

Tes razon gulli, eres dos meus , non se fala mais que de porquerias que non conducen a nada, e que nin sequera son educativas.
Estou contigo.

O AMANTE BILINJUE · 24-05-2007 a las 12:29

A ver, non ilusionedes falsamente a afección. Todo o tema da fichaxe estaría sempre supeditado a que non acadase unha boa posición no próximo «draft» (seica o pedíu expresamente o Gasol para continuar). Un saudiño.

fru · 24-05-2007 a las 16:01

Pino está comprometido co seu equipo de toda a vida, faltan salvar as ultimas dificultades que se plantexan sempre nestes casos, e ntre eles o previo permiso da xefa, pero esperamos que finalmente se decante polo noso equipo. ¿A aventura americana? Inda que Gasol necesita un center ó seu lado, creo que para Pino chega un pouco tarde esa oportunidade, pero poidera ser drafteado para o mes por calquera equipo dalá. Agora ben os enfrentamentos có Lalín tiran moito.
Así que a afección este atenta ás proximas 48 h. mais ou menos, pois pode haber novas na fin de semana.

O Rei · 24-05-2007 a las 23:52

A ver, de que tipo de porquerías ou condicións estades a falar? ? vulgo tédelos en vilo con tanta intriga…

fru · 25-05-2007 a las 00:23

As condicións de contratación neste club debes saber que non son públicas, pero quedate con que todo vai polo bo camiño e o sábado á tardiña, logo do partido dos senior, debería haber novas nesta web. Polo demais o «crack» mantén a súa ilusión por voltar ó equipo e tan só falta superar eses flecos na negociación. 😉
Agora ben, non te podes dar nin idea do que é negociar con estas «estrelas do deporte local». Por exemplo, unha das ultimas fichaxes do club, se nos bocadillos que levamos cando xogamos fora non leva loncha de queixo, pois non rinde no campo. Outro pide lata de acuarius de naranxa ó remate dos partidos, e non quere bebidas con gas…

cachote · 25-05-2007 a las 00:36

Segun a axencia efe seica clubes como cuntis ou lalin seguen con moito interese a volta de john pino ás canchas, e seran grandes competidores co CB , sobre todo no tema das «primas».Pero bueno,a sua fichaxe dependera moito tamen dos resultados do recoñecemento medico pertinente, seguramente realizado polos medicos q rexeitaron a gabi milito e aceptaron a woodgate… ou sinon faraos don jaime ou asi q pa o caso ven sendo paresido.. .

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-05-2007 a las 11:04

Tes razón «gulli127», sempre fun un home amante do baloncesto e cando podo vexo algúns partidos do C.B. Extrugasa Río Ulla en Pontecesures.
A volta de Pino con 34 anos e unha nova de interese. Lembra o retorno de «Air» Jordan que voltou a xogar con 36 anos despois da súa retirada e aínda rendeu moito.
Penso que Pino vai ser incombustible e se retirará despois dos 40 anos como o propio Jordan, Kareem Abdul-Jabbar aos 42, o gran Dino Meneghin aos 45 ou Karl Malone que precisamente anuncia hoxe, con 41 anos, a súa retirada en Salt Lake City. Animo Pino e a emular a estes pivots inesquecibles para todos.
¡Viva o basket!

O Rei · 25-05-2007 a las 12:25

E a despedida de Nacho, un dos xogadores máis laureados do clube?

gulli127 · 25-05-2007 a las 13:09

Si amigo O Rei, é a despedida de Nacho, un xogador neste clube irrepetible. A ver se Peñaño toma exemplo e se retira, así de paso facemos sitio e tamén lle baixamos un pouco bastante a media de idade do equipo.
Véxote Sabariz moi posto en NBA. Sinto dicirche que a min sempre me tirou máis o producto nacional e xogadores como Villacampa, Epi, Corbalan, Rafa Jofresa e o imcombustible Chichi Creus que se retirou con 45 anos. E que non se acorda daqueles memorables partidos entre o Barça de Norris e o R. Madrid de Martín. Baloncesto en estado puro. E desengate, hoxe en día os adestradores americanos veñen a Europa a aprender dos europeos, sobre todo táctica.

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-05-2007 a las 13:25

Tamén citei a Meneghin «gulli127», o mellor pivot italiano de tódolos tempos (fortachón, un mestre utilizando os cóbados nos rebotes, listo, etc..). Aqueles enfrontamentos que tiña con Fernando Martín, con Romay e incluso con Rafa Rullán, marcaron unha época na Copa de Europa.

gulli127 · 25-05-2007 a las 14:27

Home Sabariz, creo que cando digo producto nacional refírome os xogadores de aquí ou que xogaron aquí. Que Dino Meneghin é italiano é bastante obvio, ata iso chego, e aqui non xogou. Nacendo no 76, creo que Rullan quédame un pouco lonxe. Non solo eran os duelos Norris-Martín. Espectacular os Corbalan-Solozabal, o Petrovic da Cibona e logo do Madrid, Jimenez (para min daquela o mellor 4 de Europa). Pero para min o mellor Dejan Bodiroga ou como sendo lento se pode ser unha estrela.

fru · 26-05-2007 a las 01:25

¿E non vos estades olvidando do mellor pivot europeo dos anos 90, e o único que superou a Shaquil O Neal na NBA? (Non, Pino non)
SABONIS.
O facia todo ben: non só rebotear e anotar, senon asistir e incluso bo anotador de 3 puntos. Unha lesión ó principio da sua carreira o tivo 2 anos desaparecido do baloncesto a finais dos 80 e foi o Forum de Valladolid o que o repescou para o deporte da canasta, onde xogou 3 anos. Logo veu o Madrid, e por ultimo a NBA.
Tiven a sorte de velo 2 veces: unha nun amistoso de pretemporada en Pontevedra, e outra na final da Copa do Rey do 1993 en Coruña.

gulli127 · 26-05-2007 a las 01:41

Frutuoso, que saberas ti de pivots. Se non é por mi Jhon Pino, e un dos mellores pivots do basket cesureño, que ti deixaches escapar duas veces, non voltaría xogar nunca no C.B. A última vez marchou por imposición e ti poideches facer algo máis. Pero é que a primeira marchou para o Ulla por que daban bocadillo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.