Accidente espectacular con caída dun automóbil ao río Ulla.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre as 19,15 horas da tarde de hoxe un Renault 11 guiado polo veciño de Campaña, Rafael Campos Baltar (tivo unha tenda de electrodomésticos hai anos na rúa San Lois) precipitouse ao río Ulla pola ponte interprovincial derrubando uns tres metros de varanda. Este automóbil instantes antes saía da rúa do peirao de Pontecesures (Eugenio Escuredo) no STOP en dirección Padrón, e colisionou cun Ford Orión bermello PO-1551-AC que viña pola estrada nacional con dirección tamén a Padrón.
A caída foi polo comezo da ponte no marxe esquerdo, dirección Pontecesures-Padrón, e con baixamar (só cuns 70 cms. de auga). O coche quedou de lado e o Sr. Campos Baltar foi evacuado a un centro médico. Segundo varias testemuñas estaba consciente e orientado.
Houbo, por causa do accidente, un atasco considerable na estrada nacional tendo que intervir varios axentes da Garda Civil e da Policia Local.


2 comentarios

Tuso · 13-06-2007 a las 09:41

Esta nova, na edición de Vilagarcía de La Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/ed_arousa/noticia.jsp?CAT=113&TEXTO=5891205

Club Náutico · 13-06-2007 a las 13:51

A verdade e que foi unha grande sorte que a marea estivese baixa e baixando. Os deportistas do nautico vimos en primeira plana como se desplomou o coche o río, pois estabamos facendo a sesion de adestramento en direccion a ponte. O coche quedou cas rodas hacia arriba e co teito destrozado, ali acudiron duas persoas que precesenciaron o accidente dende a ponte (un deles Lucas, socio do Nautico) e intentamos abrir a porta, pero non fomos capaces. O señor estaba consciente debaixo da auga xa que fun capaz de collerlle a man, agarrandose o señor a miña, e tratar de sacalo pero era imposible. Despois decidiuse entre todos e ca axuda dos rapaces de clube poñer o coche de lado (bastante nos costou) e aguantalo para que non se viñese de novo ata que se atou cunhas cordas. Puiden comprobar como tiña pulso e respiraba pero non fomos capaces de que recuperaba a consciencia, ata un rato posterior cando o persoal do 112 se achegou a auga. Despois entre axuda de todos sacouse o señor pola porta ata a camilla e de ahi ata ambulancia. Dentro da desgracia foi unha sorte para este señor. QUE CAMBIEN AS VARANDILLAS XA!!!CANTAS DESGRAZAS MAIS TEN QUE HABER!!!ESPERO QUE SE RECUPERE PRONTO!!!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.