Os nacionalistas de Cesures piden a Sabariz que non sexa obstáculo para a investidura de Angueira

Publicado por Tuso en

O Bloque Nacionalista Galego de Pontecesures quere salvar, antes de nada, a investidura de Álvarez Angueira como alcalde. Por elo na reunión mantida co PSOE o pasado luns nin sequera se plantexou a posibilidade de negociar unha coalición de goberno.

Os representantes do BNG solicitaron da formación que lidera Luis Ángel Sabariz que se abstivera no pleno deste sábado co fin de non torpedear a elección de Angueira. O BNG foi a lista mais votada nas eleccións do 27 de maio con cinco de once concelleiros da corporación de modo que lle basta cos propios votos para facerse ca alcaldía, sempre e cando os outros tres grupos PP, PSOE e IP non se unan para votar a outro candidato. Esta posibilidade parece cada vez mais remota, pero non se descarta. Sabariz tiña previsto onte reunirse co seu grupo e dará a coñecer a súa decisión nos próximos días.

Pola súa parte, o Bloque sigue intentando contar co apoio da independente Maribel Castro co fin de asegurarse a investidura de Angueira e, de ser posible, reeditar o bipartito que funcionou no último ano e que lle garantiría ao Bloque un goberno de maioría.

Traducido de: (La Voz de Galicia | Vilagarcía)


Os nacionalistas piden a Sabariz que se absteña na investidura

Os socialistas negocian un executivo de coalición con mandato único en Padrón e gobernabilidade compartida

Hora e media durou a reunión mantida en Pontecesures entre BNG (5 edís) e PSOE (2) para tratar de chegar a un consenso que aúpe ao nacionalista Luis Álvarez Angueira á alcaldía, inda que sexa en minoría. Así, o BNG pediu ao PSdeG que cumprira co acordo marco a nivel autonómico entrambos partidos e, de non apoiar a investidura de Angueira como lista mais votada no próximo sábado, día 16, como habían anunciado os socialistas, se abstivera na votación.

Sabariz votou en falta no encontro a presencia de Álvarez Angueira, «o que demostra que non está disposto a recompoñer a situación e eso é tremendamente negativo». Angueira, pola súa parte, afirmou que «decidimos que eu non asistira para facer mais fluída a conversación».

O líder socialista criticou a forma de gobernar do actual mandatario e as presións que este exerceu con membros da lista socialista antes das eleccións. «A situación é difícil e temos que valorar o que faremos», dixo. O BNG tamén ofreceu a Sabariz chegar no futuro a acordos puntuais para cuestións concretas.

En Padrón, o PSOE (3) mantiña onte unha nova reunión ca Cipa (3) para acercar posturas e desbancar ao PP, que con 5 edís é a lista mais votada. Os socialistas, que emitiron durante o fin de semana un comunicado, defenden un goberno de coalición cun único alcalde (o da lista mais votada dentro das minoritarias, que en este caso sería o PSOE); un programa de goberno pactado e gobernabilidade compartida con outros grupos, negociando as tenencias de alcaldía, áreas e dedicacións en función do número de votos. Aposta por unha coalición de cambios porque «o demais sería unha fraude electoral».

O PSOE cree que a proposta da Cipa dunha alcaldía compartida «no sería bo para Padrón» porque «non daría estabilidade».

Traducido de: El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.