Recordatorio e Petición

Publicado por Antonio Cortés en

Boas tardes,

Coido que debería sobrar o que vou dicir, pero parece que hai que repetilo moitas veces. Este é un sitio para falar, dialogar, discutir sin que sexa necesario entrar en provocacións, fallas de respeto e insultos.

Non teño moito tempo para revisar os comentarios e coido que non debería facer falla que alguén os supervise, xa que todos deberiamos saber comportarnos, pero parece ser que non é así.

Acabase de anular a conta dun usuario rexistrado por repetidos avisos, e ningunha resposta ou mostra dun cambio de actitude. Todo comentario que pode ter algún problema, de forma, porque está todo en maiúsculas, ou porque está escrito en quente, está duplicado, e pasado a moderación e enviado por correo electrónico ó usuario, para que sepa a razón e poida refacelo, e ó momento podese voltar a publicar.

O que está a pasar é que parece que todo vale, e teño que estar detras de todo o mundo, e eso non e así. Non sei por onde tirar á hora de evitar saidas de tono e non hai moita axuda, moita sangue a ferver e pouca cabeza fría. Si vos parece idoneo o medio empregadeo correctamente, doutra forma non o empreguedes, ninguén obriga a ninguén a por un comentario, e si se pon debe ser baixo o respeto mutuo.

Un saudiño dende Sevilla,

Antonio Cortés

Categorías: Sin Categoria

4 comentarios

O Rei · 21-06-2007 a las 20:24

Tes toda a razón. Non deberías nin ter que dicilo.

O Rei · 21-06-2007 a las 20:26

Unha aperta, que grazas á paxina, algúns que estamos fora sabemos case máis do pobo agora que cando estabamos ahí.

Ánimo contra os desaprensivos e man dura

Antonio Cortés · 22-06-2007 a las 00:54

Espero que non teñamos que chegar a man dura, e gracias a vos por colaborar.

noa · 22-06-2007 a las 23:39

boas noites, penso q Toño ten toda a razon e agora o q se necesita no pobo e calma non encrespar mais os animos. Esta paxina e moi boa e deberiase utilizar correctamente e pensando q as persoas q estan detras dela o fan polo ben de todos e merecen q lles axudemos e sobre todo q nos respetemos uns os outros por q si non nunca chegaremos a un acordo como sempre neste pobo.
Un saudo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.