Bando sobre intercambio xuvenil.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Oficina Municipal de Información Xuvenil deste Concello, conxuntamente cas dos concellos de Cuntis, Poio, Pontevedra, Valga, Vilagarcía, e Vilanova de Arousa estä a organizar o «6º INTERCAMBIO XUVENIL: AMIGOS DO MAR E A MONTA�A-2007», que se levará a cabo os vindeiros 17, 18 e 19 de xullo (martes, mércores e xoves). Este intercambio xuvenil consiste na organización dunha viaxe de 3 días por diferentes lugares dos concellos sinalados, realizando actividades de ocio e lecer, didácticas, deportivas, etc..; pernoctando as dúas noites intermedias: a 1ª en Vilagarcía e a 2ª en Poio. A idade para participar é de 13 e 15 años (13 cumpridos antes do 17 de xullo e non cumprir 16 antes desa mesma data); eventualmente, senón se cubren tódalas prazas pódense inscribir en lista de espera rapaces/as que cumpran 13 anos no ano 2007 ou os que cumpriran 16 despois do 01/01/2007.
O prazo para a solicitude de prazas para esta actividade remata o vindeiro 11 de xullo, tendo a disposición de tódolos interersados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil da Casa do Concello.

María Isabel Castro Barreiro.
ALCALDESA


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.