O PSOE, O PP E ENRIQUE LEÃ?N.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Coñezo a Enrique León desde que chegou a Vilagarcía de Arousa, hai máis de 34 anos, dada a miña condición de amizade coa daquela a súa muller «Pika» Carrasco, filla de Dámaso e María Xosefa.

Enrique era inspector xefe da Comisaría e eu secretario xeral do Partido Comunista de Galicia (PCG), na clandestinidade, e iso non impedía que tiveramos unha franca e fonda amizade que aínda hoxe pervive. E non foi óbice nese agarimo, que Enrique logo de tomar unhas copas xuntos pola noite me dixera que fora á mañán pola Comisaría, que tiña que determe por «roxo».

O trato sempre foi exquisito, antes non, pero non deixaba de ser unha das numerosas detencións que me fixeron na tiranía, que non ditadura, como dicía o meu entrañable amigo «Borobó». Dito todo o anterior, vou falar dos feitos recentes en torno á elección como alcalde de Enrique León. � incomprensible que o dirixente provincial do PSOE, Modesto Pose, diga que León engañoulles e mentiulles sobre a súa elexibilidade.

Se os dirixentes do partido do Goberno do Estado e da Xunta son enganados é mellor que dimitan, porque non valen para nada. ¿Enganáronnos en Pontecesures, no Grove, en Sanxenxo…? Modesto, eu podo aceptar, e tí sabelo, moitas cousas, pero para tapar os teus erros, chamarlle mentireiro a un amigo, non.

Pero con isto non lle estou a dar a razón ao PP. Amigo Tomás Fole, deixa a Enrique León tranquiliño, non andar a remexer no que non ten sentido. Enrique dimiteu, hoxe hai unha nova alcaldesa, mal que vos pese, do PSOE, e arranxade os vosos problemas das listas do PP en Bizkaia utilizando, sen permiso, fraudulentamente, os nomes dos traballadores do Concello do Grove.

Querido Enrique León, sabes que no seu día, moito antes de que fora pública a túa candidatura, díxenche que non te presentaras, que a política era un mar de puñaladas e navalladas.

Hoxe dígoche que o que é certo é que aquí tes un aperta fraternal do teu amigo de sempre.

Columna de opinión «A Regandixa» por Gonzalo Bouza Brey
DIARIO DE AROUSA, 05/08/07


1 comentario

Manuel Castelar Jamardo Salvaterra · 6-08-2007 a las 14:16

Desculpem por escrever em português:

Procuro por descendentes de Francisco Jamardo (navegador mercante), casado com Margarita Himeres que vivia e teve em Pontecesures – em 1848 – a Manuel Jamardo (esse emigrou para o Brasil – sou bisneto desse). Procuro por descendentes de outros filhos de Francisco e Margarita.
Atenciosamente, Manuel Jamardo Salvaterra
corpo@corpoengenharia.com.br

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.