BALONCESTO: O EQUIPO SENIOR DO EXTRUGASA RIO ULLA INICIA UNHA NOVA TEMPORADA

Publicado por fru en

Este vindeiro luns día 3 de setembro o equipo senior empeza os seus adestramentos da temporada 2007-08, ca ilusión de facer unha boa campaña un ano mais. Para ese dia están citados no polideportivo cesureño os 8 xogadores da temporada pasada que permanecen: Gulli, Peñaño, Pedro, Diego, Pepi, Santi, Felipe e Arturo, mais o recuperado Pino. A estes 9 xogadores vanse unir 4 ou 5 xogadores procedentes do equipo xuvenil, dos cais 3 farán ficha a finais de setembro, cando o corpo técnico decida a composición definitiva da plantilla. Por diante espera un mes de setembro de 3 entrenamentos semanais (nun principio luns, mercores e venres), para a finais de mes empezar a disputar os primeiros partidos de pretemporada.

O campeonato liguero arousán iniciarase a mediados de outubro, inda que os clubs estamos pendentes da reunión de inicio de temporada onde se nos comunicará oficialmente as datas dos campeonatos, tanto nesta categoria senior coma no resto de categorias inferiores.

Por outra banda, a finais desta semana próxima empezarán a entrenar tamén os equipos das categorias inferiores, pois este club conta con 6 equipos base cuns 70 rapaces e rapazas, de Pontecesures e Valga maioritariamente, que practican este deporte, pero tamén de Padrón e Dodro. Para completar os equipos e para divulgar o noso club faremos nos colexios da zona unha campaña de captación entre os nenos e nenas de Valga, Padrón Dodro e este ano queremos ir tamén a Rois.

Percibimos con agrado dende o club coma os exitos da selección absoluta española, á que animamos a seguir por parte de todos no campeonato europeo que empeza o luns, pois parte de favorita,  fan que os rapaces/as volten a practicar o baloncesto, igual que a mediados dos anos 80, feito que os clubsa de toda Galicia, e supoño que do resto do país están aproveitando para ter maior número de licencias federativas, pois aumentan os practicantes ó deporte.


5 comentarios

gulli127 · 2-09-2007 a las 22:46

Sábese xa quen vai o adestrador do equipo senior?

fru · 2-09-2007 a las 23:59

Nesto nada se pode descartar. Por eso o xoves había quen veia a un xogador «retirado» para sempre (homenaxe incluido), e agora xa o ve de compañeiro 1 ano mais. Haber quen deu «primicias» que poden non selo. Setembro é moi largo, e de moitos entrenamentos…

josemaria · 13-09-2007 a las 09:20

Hola Fru. Soy Jose Maria, del Liceo de Pontevedra. Ayer mi compañero que fue a la reunion se tuvo que venir antes de tiempo y algo me contó sobre la temporada. Me comentó algo sobre 3 equipos nuevos. Supongo que tu fuiste, no? Sabes como quedan los grupos al final y cuando se quedó en empezar?

Saludos

fru · 13-09-2007 a las 16:04

Hola José Mª. Comentoche o de onte resumido.
Aprobouse seguir o campeonato en 2 divisións.
1ª: Os 7 que mantiveron praza + 3 ascendidos (Arxil, Portas e San Tomé d Cambados). Así son 10 equipos.
2ª: Descendidos Motobazar e Dorna, Cuntis, nos, Vos, A Lama, Estrada, Lalin, Portonovo, e os novos: BBC, Liceo Vilagarcia e Xuven d Cambados. 12 equipos.
Inicio da liga en 2ª: o 30 de setembro. En 1ª o 7 de outubro.

A xente debatiu moito neste tema, con ameazas de recurrir a competicion incluisas, por ser un campeonato «ilegal» o das 2 divisións, pero quedaron temas para min importantes, sen tocar, e vaite enterando polo que nos afecta: a Federacion Galega nos obriga ó pago por adiantado de todo: Avais e inscripcion, fichas, e arbitraxes.
Tamén apenas se tratou o problema a falta de árbitros, e neso moito me temo que volvamos a padecer os problemas de sempre, ou peor.
Saudos de novo.

josemaria · 19-09-2007 a las 08:37

Gracias pola resposta. Pero noutros foros, como o do Peixe Fresco, donde estan por exemplo os do San Tomé de Cambados moi metidos, falan de que ao final a reunión foi impugnada. Parece que o tal Renda do BBC di que se ten que xogar un grupo unico e non hai nada claro en que empece a liga o dia 30…ademáis segun as miñas informacions, o dia seguinte da reunion se inscribiu xa un equipo novo, o da Escola naval de Marin…
Sabes ti algo máis? Tes algunha información máis?
Sobre o que dis ti dos arbitraxes esta claro que vai haber problemas coma sempre. Si pagar por adiantado a inscripcion e o aval facilitase algo eso, pero me temo que non…
Saudos

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.