Arturo Lores Santamaría cumpre un ano á fronte da parroquia.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Tomou posesión Arturo Lores o día 3 de setembro de 2006, e no día de hoxe, na misa de 12, foi obxecto dunha homenaxe «sorpresa» (ó cumprirse o primeiro ano á fronte da parroquia de San Xulián de Requeixo) por parte do Coro da Barcarola que interpretou unhas cancións no propio oficio relixioso, sumándose tamén o grupo cesureño «Xarandeira» cuios gaiteiros interpretaron varias pezas na cerimonia e unha vez ramatada ésta.

O párroco agradeceu na homilía o trato que lle dispensaron neste ano os feligreses e o pobo de Pontecesures, salientando tamén a axuda do seu antecesor Severino Potel e do sacristán Manuel Sanmarco «Nelo». Improvisou tamén Arturo Lores unha canción interpretada co acompañamento dunha guitarra española, recibindo o aplauso dos asistentes no propio templo.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.