Maneiro renuncia á Mancomunidade Ulla-Umia e o PP propón a Roberto Vázquez como relevo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Será ó longo do mes de outubro cando se constitúa a nova Mancomunidade. Previsiblemente o día 16 de outubro convocaráse a reunión de tódolos concelleiros electos da comarca para elixir ós representantes de cada partido na Comisión Executiva. Estes deberán ser os que nomeen, posteriormente, ó novo presidente. O proceso quedará pechado antes de que finalice outubro.


As dúas forzas maioritarias teñen xa os seus candidatos para dirigixir a Mancomunidade. O PP pretende colocar á fronte deste organismo ó alcalde de Portas, Roberto Vázquez, posto que, trala renuncia de Maneiro, é o único rexedor do que poden botar man na comarca. O PSOE, pola súa banda, quere que a presidencia do Ulla-Umia recaia no municipio de Cuntis e, máis en concreto, na súa alcaldesa, Fátima Monteagudo Pereira. Fontes socialistas apuntan que a localidade termal «debe ter o protagonismo que lle corresponde e que nunca tivo tanto na Mancomunidade coma na ADR», algo para o que trataban de conseguir o apoio do Bloque Nacionalista Galego.

Nas vindeiras semanas ambos partidos iniciarán os contactos e negociacións para tratar de chegar a un acordo que premita manter a tradición. Nas últimas lexislaturas os presidentes sempre foron elixidos por consenso dos dous grupos maioritarios e «trataremos de avanzar na posibilidade de chegar a un acordo tamén nesta ocasión», indican desde o PP, aínda que engaden que «a nosa primeira intención é que a presidencia da Mancomunidade sexa para o Partido Popular».

Tamén dende as ringleiras socialistas apelan ó entendemento e sosteñen que «a primeira prioridade é que haxa consenso. Se é posible ou non , xa se verá».

DIARIO DE AROUSA, 30/09/07


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.