Acto de despedida da traballadora social, Raquel López.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

As 14,45 horas do luns día 15 de outubro, tivo lugar no semisoto da Casa do Concello o acto de despedida da traballadora social de Pontecesures que leva neste posto de traballo donde 1.995 e que se vai incorporar como 1ª tenente de alcalde do concello de A Estrada con dedicación exclusiva.
Asistiu o persoal de oficinas do concello e varios membros do equipo de goberno. Foi servido un viño galego e a alcaldesa entregou a Raquel López Doce un obsequio en nome dos cesureños para agradecer o traballo realizado.
A traballadora cesante manifestou a súa intención de continuar ligada a Pontecesures para o que se necesite, dando as grazas pola organización do acto de despedida.


2 comentarios

Tiroliro II · 16-10-2007 a las 18:52

Non sei se iría algún concelleiro do bloque de cesures a este acto, me extrañaría porque neste pueblo os paxaros tiran as escopetas, a derechona do bigote Randulfe e da sacapieles faille un homenaxe a esta da UPG, os do bloque de angueira nin a pode ver, póñense podres bloque de Cesures e bloque da Estrada.
Me dixeron que sabariz se rie e anda de tocahuevos comentando que angueira perde gas…non te fies que como poida, aparece de novo como salvador…

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-10-2007 a las 15:35

Mira, «Tiroliro II», penso que a filiación ou militancia política da traballadora social cesante non ten nada que ver co traballo desenvolvido en Pontecesures. Sempre foi unha boa profesional e considero moi xustificado este acto.
Foi convidada toda a corporación a esta despedida e non foi ningún concelleiro/a do BNG de Pontecesures. Non parece moi lóxico (sobre todo despois de estar 8 anos no goberno) facerlle este «feo» a Raquel, pero alá cada un coa súa postura.
Non vou entrar a comentar se o anterior alcalde perde ou non perde «gas». E cuestión de apreciacións.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.