Convocatoria pública para a elección do Xuíz de Paz substituto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 197 do 10 do outubro pasado, publicouse o seguinte anuncio do Concello de Pontecesures:

«En cumprimento do disposto no artigo 101 de concordantes da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial, anunciase convocatoria pública para a provisión de cargo de Xuíz de Paz substituto deste municipio, de acordo coas seguintes bases:

1º-Obxecto: Elixir o Xuíz de Paz substituto do Concello de Pontecesures por un período de catro anos.

2º-Requisitos dos aspirantes: Para poder participar na elección requírese ser español, maior de idade e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade sinaladas nos artigos 303 a 389 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.

3º-Prazo de solicitudes: 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

4º-Documentación: Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
-Certificado de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.
-Certificado expedido polo Rexistro Central de Penados e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/80 referente a «si se atopa inculpado ou procesado».
-Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.»

Realizado o cómputo de días, o prazo remata o 29 DE OUTUBRO.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.