O BNG rexeita unha iniciativa sobre o tren de cercanías porque excluía a Vilagarcía.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O BNG rexeitou no Parlamento galego a proposición de lei presentada polo PP sobre a implantación de trens de proximidade entre O Porriño-Vigo-Pontevedra; A Coruña-Ferrol e Ourense-O Carballiño por, sinalan, «non incluir a liña Santiago-Vilagarcía».

Para o BNG, unha conexión ferroviaria entre a capital de Galicia con Vilagarcía de Arousa debe ser prioritaria «polo número de usuarios que rexistra», en palabras de la diputada nacionalista Carme da Silva.

A parlamentaria do BNG acusou ós populares de «subirse ó carro» dunha vella reivindicación nacionalista respecto das necesidades ferroviarias galegas, pero entenden que «fixeron mal os deberes» e que demostran «oportunismo» por non aceptar a emenda do BNG incluíndo tamén a liña Santiago de Compostela-Vilagarcía de Arousa.

Da Silva lembrou que o PP «tivo a oportunidade de defender o transporte ferroviario de cercanías para Galicia en 2006, cando a Cámara galega acordou, cos votos en contra dos populares, iniciar as accións necesarias para a súa implantación».

A deputada ironizou tamén coa «coincidencia» de que o grupo popular rexistrara a iniciativa que se debateu onte no pleno «xusto no momento don que o BNG pareguntaba ao presidente Touriño, por este tipo de transporte».

DIARIO DE AROUSA, 01/11/07


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.