O Concello perdeu, en 2006, unha subvención para un pantalán para o Club Náutico co anterior goberno.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DE PRENSA DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE PONTECESURES

O abeiro da Orde de 24 de Abril de 2007 da Consellería de Cultura e Deportes que saiu publicada o 8 de maio no DOG, non se concedeu ó Concello de Pontecesures axuda algunha para actividades, obras ou equipamentos deportivos.

Esta nova causounos estrañeza xa que o goberno anterior do BNG anunciou que a Consellería de Cultura e Deportes, a través da Dirección Xeral de Deportes, íase volcar para realizar melloras nas instalacións deportivas de Pontecesures.

Ante a extrañeza investigamos, e para a nosa sorpresa a razón de que non concedera a Consellería subvención algunha foi lóxica: O goberno municipal non presentou solicitude algunha no prazo de presentación de instancias que rematou o día 9 de xuño de 2007.

Parece que o Sr. Alvarez Angueira estaba máis preocupado coa campaña electoral e coa análise dos resultados das urnas, e desatendeu totalmente os intereses do concello e dos deportistas cesureños.

Moito ??fume? vendeu o alcalde anterior como defensor do deporte. Que si campo de herba artificial por aquí, que si ampliación das pistas polideportivas por alá, que a Consellería ía facer grandes investimentos…..Como conclusión, nada de nada.

Pero non rematan aquí as sorpresas: O abeiro da mesma Orde pero de 2006 (sí se presentaron solicitudes nesa ocasión) concedeuse unha axuda de 3.000 euros por parte da Consellería e Deporte para instalar unha pequena rampa-pantalán no peirao de 5×2,5 para favorecer ó acceso ás embarcacións dos deportistas do Club Náutico, sen ter que baixar ó ría polas rampas sobre todo en baixamar. O orzamento total era de 4.205,67 euros.

Pois ben; por desidia perdeuse a subvención, pasaron os prazos e a obra, tan necesaria, non se fixo. Un exemplo máis da despreocupación do Sr. Alvarez Angueira polos intereses dos veciños denunciada tantas veces e que influiu na decisión que tomamos o día 16 de xuño de non apoiar o ex alcalde na investidura.

Pontecesures, 5 de novembro de 2007

Luis Angel Sabariz Rolán
Alfonso Diz Villar


4 comentarios

Tuso · 6-11-2007 a las 14:42

Esta nota de prensa xa sae no día de hoxe polo menos na edición dixital de «La Voz de Galicia»:http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2007/11/06/0003_6292713.htm

Becquer II · 7-11-2007 a las 18:39

Impasible el ademán
Angueira pescó con caña
los votos en la campaña
y pasó del pantalán.

Los no adscritos atacando
buscan documentación
ausente la oposición
los del bloque navegando.

Cara de cona · 7-11-2007 a las 19:11

E este era o gran defensor do deporte…. que adoraban no nautico…hai barreiro, barreiro..esto con Sabariz non se perdía e tí o sabes…canta home canta e non teñas medo que o paxaro xa voou…

basta · 8-11-2007 a las 00:37

Penso eu…
Estas son as andadas de Angueira.
E os actuais colegas de partido, ¿Seguen cos ollos pechados?
¿non hai ninguén dentro do BNG que sexa capaz de romper a baralla co que tanto se xogou e se decida a empezar un xogo novo?
Próximos comicios, 2 concelleiros.
Vergoñento.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.