Pontecesures, antiga potencia marítima.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Non ter mar, pero Pontecesures foi o porto exterior de Iria Flavia grazas a que o Ulla é navegable ata este punto. Baixo as súas augas abunda a lamprea, titular da festa máis coñecida do lugar. Pontecesures foi unha potencia marítima, aínda estando ublicada no interior. Están doucmentadas relacións comerciais cos fenicios e cos cartaxineses desede arredor do século VI a.c.. Fixo as veces de porto exterior de Iria Flavia. Esta relaión co mar seguiu no medievo, cando o porto funcionou como asteleiro de barcos de guerra para a loita de Castela contra os musulmáns. O nome do municipio deriva da ponte romanan que unía as dúas marxes do Ulla. Esta ponte foi reformada polo prestixioso mestre Mateo. A súa imaxe actual débese as obras de mantemento realizadas en 1911. O termo Cesures deriva probablemete da palabra latina «censuris», e fai referencia a que na época do Imperio Romano, era nesta vila onde se facían os censos de poboación.

Columna «A ESCAPADA», Diario de Pontevedra, 08/11/07


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.