Fixado día e hora para a entrega da parcela na parte traseira da edificación situada na Avda. de Vigo 12.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Para as 12,30 horas do vindeiro 21 de novembro, foi citado na Casa do Concello o representante da empresa Constantino Taibo S.L. con obxecto de asinar o acta de entrega desta parcela, unha vez rematado o expediente seguido de incumprimento de obrigas urbanísticas derivadas da licenza 27/94.

Como condición da citada licenza o promotor debía ceder ó concello a parcela de 1.387 m2 na parte traseira do edificio de vivendas da Avda. de Vigo nº 12 (é o edificio onde está o Restaurante «Olivo»). Como non se fixera a cesión, en 2004 xa fora fixada a data para asinar o documento mediante resolución, pero Constantino Taibo S.L. presentou un recurso diante do Xulgado Contencioso-Administrativo de Pontevedra (procedemento 103/05) e a sentenza, aínda recoñecendo que a pretensión do concello para esixir a cesión do terreo contemplada na licenza axústase a dereito, anulou a resolución porque non se había seguido o expediente correspondente polo incumprimento dos deberes urbanísticos.

Foi incoado o novo expediente en 2006, e por resolución de 15/11/07 rexeitouse o recurso de reposición presentado contra o decreto que rematou dito expediente.

Quérese activar agora este longo proceso na defensa dos intereses de todos, para que o concello conte cunha importante parcela no seu patrimonio, tendo en conta que a parcela está incluída no ámbito dun PERI que se vai desenvolver nun futuro próximo.

Categorías: Concello

1 comentario

Maynard · 18-11-2007 a las 21:32

Moi interesante, gostaríame saber que alegou no recurso de reposición rexeitado por resolución de 15/11 do ano que andamos.
A actuación do promotor é maximizable:
«el que por su gusto muere, hasta la muerte le sabe»; e insiste, insiste e volve a insistir…
ocúrreseme que argumentaría «praescriptio» do novo expediente por parte da administración municipal.
Outro caso de «maquinaria pesada».

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.