Tres sindicatos presentan candidaturas para as eleccións sindicais do concello de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Rematou o prazo de presentación de candidaturas para estas eleccións onde serán elixidos os tres representantes do persoal laboral do concello para os próximos catro anos.

As candidaturas son as seguintes:

CCOO (Xurxo Gerpe Jamardo, Franciso Freiría Oliveira e Elías Sanmarco Enrique).
UXT (Eduardo Enrique Bóveda, José F. Rodríguez Fructuoso e Alvaro Constantino Espiño).
CIG (Mª Teresa Gil García, Manuela González Vázquez e José M. Moreiras Eitor)

O sindicato CC.OO solicitou que fora colocada unha urna e unha cabina para as votacións como garantía do proceso.

Categorías: Sin Categoria

6 comentarios

Cara de cona · 1-12-2007 a las 19:05

Preséntanse unhas eleccións apretadas e con carga política, o tacón de chivato do bloque infiltrado e o tipo do gasoil morden para protexerse co escudo sindical, porque senón a sacapieles pode poñelos fora coa maleta na porta como dixo por aí, dos traballadores do concello pouco se pode esperar moito pelotillero e pelotillera que non se soportan e falan pestes uns dos outros…non hai compañeiros..unha pena de colectivo cuns sindicalistas vendidos a angueira nos últimos tempos.

Terabyte · 1-12-2007 a las 19:55

O número dous da Unión é un home alineado, co partido e co sindicato, traballador coherente éste alomenos en ideas.
Por certo cando sexa de seleccionar persoal para traballar no concello, é dicir cando actúen os «órganos de selección» vaian esquecendo esta práctica de non convocar aos órganos de representación sindical, práctica que foi traída a conto ao facer unha espesa lectura e peor interpretación do EBEP (Lei 7/2007 de 12 de abril)cando ésta lei fala da exclusión nos «organos de selección» do persoal de elección. A todas luces parecía unha «aberración» a privación do control sindical nos procesos selectivos de persoal, pero os intereses «interesados» invitan a meter no mesmo saco todo. Participaran e actuarán «con voz e sen voto» pero estarán ahí, obviamente, que non esté o político, ¡estupendo! que non esté o persoal eventual ou o funcionario interino ¡ningún problema! pero a representación sindical ¿qué sentido tiña excluila? ¿por aquelo do «persoal de elección? Coma sempre: Lei, Reglamento, Circular, e nota aclaratoria, ¡que tristeza!

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-12-2007 a las 21:51

Hai algo claro. Os representantes sindicais non poden formar parte dos tribunais de selección e así o dispón o artigo 60 do Estatuto Básico do Empregado Público. ¿Qué estean presentes con voz pero sen voto?. Pois é unha posibilidade pero non hai obriga algunha.

Terabyte · 1-12-2007 a las 22:30

Como che dicía o discipulo «skilfull master» eu non che vou a discutir a cuestión, eu presúmoche un «haber xurídico» máis avantaxado ca o meu. Non obstante a lectura do Artigo 61.7 parágrafo 2 cando dí: «Las Administraciones Públicas podrán negociar las formas de colaboración que en el marco de los convenios colectivos fijen la actuación de las Organizaciones Sindicales en el desarrollo de los procesos selectivos»; levántame sospeitas sobre o que este apartado quer dicir.

Maynard · 1-12-2007 a las 23:17

Volto a leer a nota do «skilfull master» e cabréome, porque aseverar con esa autoridade:

«Hai algo claro: Os representantes sindicais non poden formar parte dos tribunais de selección e así o dispón o artigo 60 do EBEP». ONDE A LEI NON DI porqué temos que dicir nós?.
Se nos ceñimos á letra da Lei no artigo 60 non fala para nada dos representantes sindicais, fala de persoal de elección, pero non de representantes sindicais, que se fai a interpretación e se extende a eles? VALE!, pero dicir non o dí.
A quén se lle encarga «a fé pública» a parte do asesoramento legal preceptivo nas Corporacións Locais? Ao secretario, verdade? e nunha delegación de funcións, daremos por válido que sexa a un funcionario. Pois chegamos ao extremo que no noso Concello levanta ACTA DE SELECCI�N DE PERSOAL; o persoal subvencionado, con contrato prorrogado per secula seculorum. BASTA XA! coa Lei facemos o que nos sae dos collóns, según conveña ¿verdade? Pois non é así. ¿Para qué carallo temos un estatuto de funcionarios e un estatuto dos traballadores? ¿son iguais ou son distintos? ¿porqué eses dous ámbitos xurídicos? ¿por qué esa diferenza? por que sí? sen máis, estamos fartos do todo vale, das mezclas, das interpretacións partidarias, a interpretación autoritaria e que non admite dúbida, esa interpretación que se establece a nivel «GREMIO» esa interpretación da Lei acaba nas mans dos árbitros (os xuízes)e cando as Leis acaban de saír do forno hailles que dar tempo para que se refagan; ;;;pero non;;; acostumamos a ser os primeiros en probar o novo producto sen facer caso dos «efectos secundarios» se o dí o «staff» avanti toda.
Nunha lectura da revista xurídica dos Hermanos Bayer «E.C. de los Ayuntamientos», un Secretario dunha Corporación Local chegou a escribir nun artigo que, o Alcalde non era «persoal de elección ou de designación política»; o Alcalde non era persoal, éste era o argumento principal esgrimido polo funcionario actuante, para que o Alcalde poidera formar parte do «Organo de selección», así as cousas, ¿que queredes que vos diga?
A Lei sempre a voltas, no Artigo 60.2 da L 7/2007 parece claro quén pode e quén non pode formar parte dos órganos de selección. No Artigo 61.7 parágrafo segundo,, abre un camiño que establece a dúbida.
Boa noite irmá «Terabyte».

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-12-2007 a las 00:10

� un tema que tivo bastante confusión, pero do debate da lei no Parlamento (sobre todo do rexeitamento dunha emenda no PP) e das instruccións do MAP sácanse as conclusións que sostiven antes.
Tedes razón no tema dos convenios pero para mín sería sempre sen voto. Hai que pasar páxina, pois é aburrido e farragoso liarnos con debates xurídicos. Haber quén sae elixido nas eleccións sindicais.
Un saúdo e boa noite

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.