Acta da selección da traballadora de axuda no fogar para substituir baixas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En Pontecesures, sendo as 9 h. do 26 de decembro de 2007, e reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para o posto de auxiliar de axuda ano fogar, formado pola Traballadora Social Dna. Consuelo Ordoñez Martinez, que actuará como Presidenta, e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.

Vista a proba de coñecementos efectuadas ás duas aspirantas, que se presentaron ós efectos, logo do anuncio publico efectuado por este concello con data de 24 do 12, Dna. Ramona Barreiro Dominguez, e Dna. Mª del Carmen Garabán Paz; este tribunal entende que á vista dos coñecementos acreditados logo de realizada a devendita proba, a candidata máis idónea para o posto de auxiliar de axuda no fogar é: Dna. Ramona Barreiro Dominguez, polo que propoñemos que sexa a persoa seleccionada.

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

Asdo.- Consuelo Ordoñez Martinez.
Asdo.-José Rodríguez Fructuoso.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.