Conto triste de Nadal

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

POR XOSÃ? MANUEL G. TRIGO PROFESOR DE INSTITUTO

Asombra da árbore de Nadal pareceulle alongada. Era por mor do efecto dunha lámpada de pé que espallaba polo salón a súa luz. El estaba entre os brazos do seu sillón favorito, porque chega un momento en que un home a quen tantas mans se lle ofreceran, só lle quedan os brazos dun sillón. No medio da amorosa paisaxe dos obxectos con alma daquel espazo familiar non lle gustou ter percibido a sombra alongada. Pero tratou de interpretala co estoicismo humorístico herdado de mil muiñeiros do país. Se cadra, a sombra alongada era metonimia das sombras. Chega un tempo de Nadal no que un home nota que pode ser o derradeiro. Sábese por instinto. Por certo que non se acordaba agora moi ben quen lle dixera que o instinto é a cualidade principal dun político. Debeu ser un dos moitos intelectuais que se lle tiñan achegado nos días dourados a facerlle a pelota. «O teu xenio político é o teu instinto», dixéralle aquel lambecús. E a el aquilo non lle desgustou, nin tampouco desestimou a recomendación subseguinte de que lese un libro de Maquiavelo no que se falaba do instinto e mais da Fortuna, con maiúscula, porque a Fortuna é muller, porque é a archimuller.

Hai que ver que reflexións poden verosimilmente acudir nas últimas horas á cabeza dun político que coñeceu o poder co seu mel e o seu fel. A enfermidade sempre nos converte en filósofos involuntarios. En teóricos da Fortuna. Porque talvez sexa certa esa cursilería de que detrás dun gran home sempre hai unha gran muller (asombrada), pero o que é seguro é que detrás dun gran político sempre está a Fortuna. E ela, como femme fatale por antonomasia, primeiro elévate e despois túmbate. A culpa sempre hai que botarlla a Génova pero, no fondo, tena Genoveva, ou sexa a Fortuna, que un día ordeou: Manolo, ayuda a ese chico de Lalín, que vale mucho; pero outro día a dama veleidosa reencárnase en deusa adversa.

Notou un malestar profundo entre os brazos amantes do sillón, a única lealdade segura á que un político pode aspirar. E constatou que a sombra alongada da árbore de Nadal aínda estaba alí.

EL CORREO GALLEGO, 02/01/07


1 comentario

Maynard · 2-01-2008 a las 19:54

Eu dubido se a Fortuna ordeou a Manolo, ou foi ao revés. A Fortuna díxolle a ese chico de Lalín préparalle o camiño a don Manuel que vén do Estado Español pra dirixir o destino da «terra nai e señora» (Galiza ou Galicia). Foi a partir de dito encargo cando un novo título veu a engadirse ao de «fillo do muiñeiro» o «político de corredoira», por certo esto acabouse, ¡mágoa!.

A necesidade de buscar «culpa», ¿porqué?.
Esto (o devir) é un «rolling stone» ou o que dicía aquél de que «le monde va por lui même» ou aquel outro «rodar, rodar y rodar». Cando en determinados círculos (pobres e de aldea) intentei loubar «al chico de Lalín» tiven que fuxir da miña pretensión e chegar a acordos parciais, non me quedou máis remedio. ¿cal será a razón de escarallar todo o que temos, todo o que intentamos dende dentro? a pretensión do «chico de Lalín» non foi mala, xa o intentaron outros, Gómez Franqueira, por exemplo, aínda a agrupación nazonalista lle custa traballo ter un frente único, para máis intentar levar cara arriba unha dereita da nosa terra dentro dunha plataforma política de ambito estatal. Difícil labor, pero debía ser posible xa que de non poder ser, non se explica o medo que os genoveses amosaron cara o «fillo do do muiño»; para mín o máis alentador é que ese sentir EXISTE, o desalentador é que non da esjurumelado. Outra figura pra que ollei fai tempo e facíame ilusión de que retomara esa «utopía» foi pra de don Xosé Luis Barreiro Rivas, ¡non hai como predicar dende o sillón! eu entendoo, é o máis doado.
A necesidade do carneiro sacrificado; sigo a preguntarme ¿cánto evolucionamos?, ¿dende cando andan os carneiros a ser sacrificados?, !Merda de humanos! senón é polo «Prestige» é polos «Incendios» ou «ETA» ou pola «Cidade da Cultura» o asúnto é JODELA, cándo? para cándo? tiraremos pra diante coa idea de facer para a Comunidade sen máis. Seguimos xogando a ser Dioses, e se poideramos inmortais moito mellor, ¡que se jodan os outros!
Ao de Lalín misturouselle unha compañía interesante en política, compañía de Ourense e de Lugo, pero compañías impuras, son os riscos,caiu en desgracia, efectivamente Genoveva actuou e gañou, pero senon fora así, ¿qué podería pasar?
Imos pasar moito tempo ata que volva a RETUMBAR un nome do xeito en que o fixo o do «FILLO DO MUI�EIRO» verdadeiramente eu o lamento; para él dun NINGUEN, Requiascat in pacem.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.