O valeiro Cándido Portas capturou hoxe a primeira lamprea da tempada no Ulla.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

 100_8354-web.JPG

A media mañá de hoxe o valeiro Cándido Portas Pérez, levantou a primeira lamprea da tempada no Ulla. Foi un exemplar de entre 1.100 e 1.200 gramos e o feito levantou certa espectación no peirao coa presenza de varios medios de comunicación.
A lamprea foi adquirida polo Restaurante «Olivo» de Pontecesures que pagou a cantidade de 70 euros polo peixe.

100_8359-web.JPG


2 comentarios

sobreiras · 7-01-2008 a las 18:59

Xa me gustaría degustar un cachiño desa lamprea preparada por José Luís, que por certo esta guapísimo na foto. Unha admiradora do Olivo.

DANIEL SEIJAS S.L. · 10-01-2008 a las 02:32

sobre a lamprea xa fai varios días que vin dun «coñecido» restaurante que hai na entrada da zona vella en Santiago de Compostela onde anuncian cun gran cartel que teñen «Lamprea do Ulla»….pois sabe deus de onde virá,aínda me acordo máis dunha vez nese sitio dicir que tiñan lamprea do Ulla varias semanas antes de que se abrira a veda.Esto é coma o conto dos Pementos de Herbón que si vas por Santiago nos bares ainda hoxe ofrecenchos,cando aquí en Galicia ata maio(no invernadoiro) non os hai.Polo que como dubido que sexan conxelados,os pementos eses veñen de Marrocos e os fan pasar como pementos do Ullán.Eche o que hai.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.