CONCURSO DE ENTROIDO

Publicado por Javier F. en

Este sábado de entroido, varios locais de Pontecesures, agrupados na Asociación de Hostalería, organizan un concurso de disfraces.

Para participar, só é necesario apuntarse en calquera dos locais organizadores, Cafetería NU-2, Víctor García, Pub La Sal, Baila Conmigo, Tentación de Bes, La Noche e Komplo.

Cada local fará a súa puntuación independente, e a suma destas será o que determine aos gañadores do concurso. � importante visitar o maior número de locais avisando que se está participando, pois cada establecemento é un membro do xurado.

Os premios están distribuídos da seguinte forma:

GRUPOS

* 1º- 400�
* 2º- 250�

PARELLAS

* 1º- 150�
* 2º- 100�

Grazas á colaboración de RADIO VALGA, farase alí a entrega de premios durante a emisión habitual do programa da tarde do venres oito de Febreiro, avisando con antelación telefonicamente os gañadores para que poidan ir recollelo premio.

Animar desde este medio a participar a todos os veciños e visitantes, agradecer a vosa presenza, e desexar que disfruten o máximo do entroido.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.