Caen dous valados de obra por mor do vento desta mañá.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Un deles corresponde á obra de Construcciones Ramón Taibo na rúa Carlos Maside (fronte á cafetería NU-2) e outro da obra de Construcciones Constantino Taibo Tojo na obra da rúa Sagasta (fronte a Correos). Non se ten coñecemento de danos.
Por outra banda, as barreiras do paso a nivel da Factoría están caídas e xa ten aviso ADIF para colocalas de novo.


6 comentarios

Terabyte · 3-02-2008 a las 21:08

No valado da obra de C.R.T frente a NU-2, sobre as 13:30, creo que se trataba dun Clío, non estou seguro, tiña o valado enriba do coche, non sei se lle ocasionou graves danos.

O recinto da pista deportiva do final do peirao, está tumbado para o lado contrario do que se reparou, e agora si que está practicamente sobre a pista, ¡case mellor!

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-02-2008 a las 21:59

Certo, «Terabyte», pero o coche apenas tivo danos. Só unha raspadura nun espello segundo me dixeron.
O valado da pista do peirao está nas últimas. Mañá irán ali operarios para decidir o que se pode facer.

xiana cores · 3-02-2008 a las 22:44

O arranxo chapuceiro da pista do peirao e de libro.Esta que da pena siguese poñendo en perigo a xente que utiliza dita pista.Pero bueno supoño que non o queren arranxar porque total coa super remodelación do peirao que vai a vir xa pasan dela.Bueno no caso de que Maneiro lles deixe xa que esta bastante cabreado co do terreo de Valga.E con toda a razón.Aprobase un anteproxecto da obra no pleno que inclue o terreo de Valga e el nin siquera estaba enterado.Moi ben sigan asi tendo esas boas relacións cos concellos veciños.

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-02-2008 a las 23:37

Estou apreciando «xiana cores» que non encaixas ben a obra do peirao e que desexas que todo vaia mal. Mal asunto; o catastrofismo non é bo. Non pode ser todo negro, pois haberá algo blanco, ou gris. ¿Non si?

xiana cores · 4-02-2008 a las 00:14

Que equivocacdo estas Sabariz.Non estou encontra da obra do peirao todo o contrario.Pero e como se fas unha casa teras que empezar pola cementación e non polo tellado que e o que vos esta pasando a vos con esta obra.Porque penso que o que non se pode e incluir uns terreos no proxecto que non son deste concello.E menos aprobar o anteproxecto no pleno con estas irregularidades sobre o terreo de Valga.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-02-2008 a las 08:42

Coa mellor intención do mundo, Portos de Galicia fixo o anteproxecto da obra do peirao incluíndo a maior superficie posibel. Aquí non hai irregularidade ningunha. Senón se poden incluir eses terreos, non pasa nada. Quedan fóra da actuación, e punto.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.