O EQUIPO ALEVIN FEMENINO DO EXTRUGASA RIO ULLA SEGUE INVICTO TRAS DISPUTARSE A PRIMEIRA VOLTA DO CAMPIONATO

Publicado por fru en

100_8055-web.JPG

Este equipo do club está rindindo a moi bo nivel, e logo de disputada a 1ª volta do campeonato alevin arousan, no grupo B, pois son 2 grupos de 12 equipos cada un, seguen invictas cun balance de 10 partidos gañados anotando 511 puntos a favor, e encaixando 203 puntos en contra. ten pendente o partido da primeira xornada contra un equipo en teoria asequible coma é o das «Escolas Municipais de Poio».

 Xogan habitualmente as 10 nenas da foto, que son:

Sandra, Laura, Raquel, Paula, e Eva (as que estan de pe de esquera a dereita)

Lara, Antia, Veronica, Raquel e Sonia (as sentadas).

O seu adestrador é Antonio, que tan bo traballo está facendo ca base do baloncesto cesureño.

Teñen moitas posibilidades de disputar a final arousana femenina, que sería contra o sempre dificil Arxil de Pontevedra, cando acabe a liga alá a finais de maio. Quen gane xogaría despois a final provincial contra o campeon da zona de Vigo. pero, independentememnte de que cheguen a esa final, o mais importante é que, por decision do adestrador, este ano partimos o grupo de alevins (15 nenos e nenas) en 2 equipos, para así poder xogar mais minutos cada un, e que poideran divertirse mais xogando e mellorando como deportistas. Ademais neste equipo 4 nenas recen empezaban: Raquel, Laura,  Sandra e Sonia, e varias das outras viñan de benxamins, polo que mellor non o poden estar facendo. neste ultimo partido, disputado o pasado sabado en Pontecesures, p. exemplo, gañaron 74 -29 ó equipo da Estrada.

Teñen xogado en ocasións tamén neste equipo, cando hai problema de baixas, os nenos benxamins Ivan, Ricar e Kevin, que ademais o fan frecuentemente no outro equipo alevin: o  masculino, que van 5º no grupo A, cun balance de 6 gañados e 5 perdidos, a pesares de ter un problema de baixas. Perfectamente poderian ir 3º se houbesen gañado 2 partidos que perderon moi axustados no marcador, contra Liceo maritimo e Dorna de A Illa fora. Poden pelexar pola 4ª praza, ou incluso a 3ª.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.