Saúda da alcaldesa no programa da II Feira do Automóbil Antigo de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

� para min un orgullo como alcaldesa e cesureña poder disfrutar de novo da «II Feira do Automóbil Antigo». Como ben sabemos todos os cesureños e cesureñas, a nosa vila ten a honra de ser o lugar no que se celebrou no ano 1925 a primeira feira do automóbil de ocasión en toda España e, ademáis, de ser os primeiros en erguer un monumento ao automóbil. Toda esta historia, se se estuda detidamente, unha dase conta da importancia que tivo no seu momento e que por determinados avatares da vida, non soubemos valorar a grandeza deste feito e darlle continuidade ao longo dos anos. Agora coa iniciativa da Asociación Cultural Mirándolle os Dentes, e co apoio deste Concello, imos tratar de facer de Pontecesures un referente dentro do mundo das feiras do automóvil antigo da nosa comunidade, e nun futuro, porque non, de España.
Desta maneira conseguiremos facer nun pobo pequeno algo moi grande, tal e como fixeron os nosos antergos, os cales, dende o lugar onde se atopen, setirense orgullosos de vernos traballar a todos xuntos por algo no que eles tanto esforzo e ilusión puxeron.

María Isabel Castro Barreiro
Alcadesa de Pontecesures.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.