Os nenos/as de 2 a 3 anos da Escola Infantil visitaron a biblioteca de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No Día do Libro, os alumnos da gardería municipal visitaron as instalacións da biblioteca situada na rúa Raimundo García Domínguez «Borobó», nº 22, para coñecer como é unha biblioteca por dentro. Os cativos viñeron acompañados de dúas monitoras, miraron os libros infantís e logo sentaron cada un co seu libro. Escoitaron despues unha narración dun conto e para rematar fixéronse todos socios/as da biblioteca e foron agasallados con libros axeitados a súa idade.

Categorías: CulturaEducación

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.