HORARIOS DO EXTRUGASA RIO ULLA NA FIN DE SEMANA

Publicado por fru en

SENIOR

Partido sábado as 16.30 h. en Cuntis.  Xogamos en casa do 2º clasificado, ó que lle levamos 4 victorias, pero as baixas van condicionar a nosa alineación. Así, á baixa de Felipe por traballo, unense a de Pino (ausente por motivos familiares) e a de Nacho (lesionado), polo que o xogo interior do equipo vaise resentir. O extrugsa en caso de perder deberíamos intentar conservar o average (que esta en 13 puntos, diferencia pola que derrotamos a Cuntis en Cesures). De todolos xeitos, sexa cal sexa o resultado non vai empañar a boa temporada que está facendo o equipo, e polo menos servirá para que os rapaces que menos xogan habitualmente, mañá poidan dispor de mais minutos ante un bo equipo.

ALEVINS

– As nenas alevíns xogan en Pontevedra as 11.30 h. contra o 2º clasificado, o Estudiantes, nun partido que de gañar, acercaría ás rapazas ó titulo de campionas do grupo.

– Mentras, os nenos alevíns xogan en Pontecesures as 17 h. de mañá sábado, contra o Liceo A, a quen queren derrotar logo de que na 1ª volta perdesen por 3 puntos en Vilagarcia nun final de partido polémico polas decisións arbitrais.

O resto de categorias non empezan a xogar partidos de copa arousana hasta a vindeira fin de semana (polo menos), logo do sorteo efectuado onte á tardiña na delegación arousana de baloncesto.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.