Mª Luz Rodríguez Potel, contratada temporalmente como limpadora ata o 30 de xuño de 2008.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Xúntanse copia das dúas actas do tribunal, xa que a primeira selección quedou deserta.

En Pontecesures, sendo as 11 h. do 18 de abril de 2008, e reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para o posto de limpadora, formado pola Traballadora Social Dna. Consuelo Ordoñez Martinez, que actuará como Presidenta, D. Ricardo Campos Saborido que actuará como vogal, e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.

Foron convocadas polo Inem á entrevista, logo da oferta enviada á Oficina de Emprego de Vilagarcia, efectuada por este concello o pasado 09 de abril, Dna. Felicidad Bea Romay; Dna. Carmen Magán Castiñeiras, Dna. Delfina Pardal Pardal; Dna. Albina Salvete Tuñez; e Dna. Mª Isabel Touceda Tarrio.

Non se presentaron á entrevista Dna. Felicidad Bea Romay; e Dna. Carmen Magán Castiñeiras.

Presentáronse ó chamamento as outras aspirantes: Dna. Delfina Pardal Pardal; Dna. Albina Salvete Tuñez; e Dna. Mª Isabel Touceda Tarrio.

Dna. Delfina Pardal Pardal; e Dna. Mª Isabel Touceda Tarrio renunciaron ó posto.

Vista a entrevista efectuada á aspirante Dna. Albina Salvete Tuñez, este tribunal entende que á vista das declaracións da interesada e do seu perfil, esta non é a persona mais idónea para desempeñar ditas funcións, polo que propoñemos que o Inem envie mais candidatos/as para efectuar unha nova selección.

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

En Pontecesures, sendo as 11 h. do 23 de abril de 2008, e reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para o posto de limpadora, formado pola Traballadora Social Dna. Consuelo Ordóñez Martínez, que actuará como Presidenta, D. Ricardo Campos Saborido que actuará como vogal, e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.

Foron convocadas polo Inem a esta 2ª entrevista, logo da oferta enviada á Oficina de Emprego de Vilagarcía, efectuada por este concello o pasado 9 de abril, Dna. Felicidad Bea Romay; Dna. Mª Carmen Mosquera Ferreiro; Dna. Mª Carmen Perez Bandín, Dna. Mª Luz Rodríguez Potel, e Dna. Beatriz Saborido Dios.

Non se presentou á entrevista Dna. Felicidad Bea Romay.

Presentáronse ó chamamento as outras aspirantes: Dna. Mª Carmen Mosquera Ferreiro; Dna. Mª Carmen Perez Bandín; Dna. Mª Luz Rodríguez Potel; e Dna. Beatriz Saborido Dios.

Dna. Mª Carmen Mosquera Ferreiro, e Dna. Mª Carmen Perez Bandín renunciaron ó posto.

Otorgar a puntuación a cada aspirante, segundo o baremo elaborado previamente ca finalidade de ter criterios obxectivos e comúns, establecendo unha lista que figura a continuación:

– Dna. Beatriz Saborido Dios……………………………. …….. 1,75 puntos.
– Dna. Mª Luz Rodríguez Potel………………………………… 1,25 puntos.

De todo o cal, este tribunal propón para a súa contratación a Dna. Beatriz Saborido Dios, e coma suplente a Mª Luz Rodriguez Potel. Cando lle foi comunicada a Dna Beatriz Saborido Dios dita proposta de contratación, esta manifestou a súa renuncia ó posto, polo que este tribunal propón que se contrate a Dna. Mª Luz Rodríguez Potel.

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.


1 comentario

Tiroliro II · 26-04-2008 a las 16:46

Penso que esta e a muller de Pepe o valeiro que iba na lista de angueira, polo menos agora entran a traballar no concello cun certo procedemento. Co bloque todo era a dedo, andaban o voto e o carallo, lembrade o Xurxo, a muller, a irma, o Tacón, a filla de Etelvina, o Xandro do bloque da Toxa, a cuñada, o irmá, un escándalo de selección co Tacón de encargado de chamar por ahí para facer campaña, e a Juliana a decir que esta es idónea y esta no, que trapicheiroas eran os outros, mi ma.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.