Mª Begoña Regueira Guntín proposta para seren directora do CPI Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de hoxe tivo lugar na biblioteca do CPI Pontecesures, a reunión da comisión encargada de avaliar o proxecto presentado por Mª Begoña Regueira Guntín, que foi a única candidata que se presentou para directora do centro logo, tras realizarse a oportuna convocatoria en cumprimento da normativa vixente.
A comisión estivo presidida polo Inspector de Educación, Xurxo Novales Ordás, e asistiron os profesores, Jorge Sierra Portabales, Mª Paz Parajó Gómez e Silvia Touriño Novo, e as persoas elixidas previamente no Consello Escolar, que foron Jesús Mª Rey Beiró (representante do Concello) Elías Sanmarco Enrique (representante do persoal) e Luis Ángel Sabariz Rolán (representante da ANPA).
A candidata acadou unha puntuación polo proxecto de 10,40 puntos (sobre un máximo de 12), e hai que engadir outros 8,55 puntos coma méritos avaliables. Así a puntuación total foi de 18,95 puntos. Agora a proposta estará exposta no taboleiro de anuncios do colexio por prazo de 10 días a efectos de reclamacións. O nomeamento formal correspóndelle ó Delegado de Educación e producirá efectos con data 01/07/08.
Saliéntase que no proxecto de Mª Begoña (que ata agora era xefa de estudos de primaria) xa aparece reflectido o equipo co que conta. A xefa de estudos de primaria será Mª Manuela López Cea, a xefa de estudos de secundaria será Mª Isabel Lapido Silva e o secretario será Xosé Xavier Ron Fernández.
Lémbrase que a actual directora, Mª José Suárez Guzmán, xa non estará no centro no vindeiro curso despois de tantos anos, pois trasládase ó CEIP de Lamas de Abade (Santiago).
Quero desexar a Mª José o mellor no seu novo destino e a Mª Begoña que acade ós maiores éxitos a fronte do noso centro.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.