A continuada deterioración do medio que habitamos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Entre as múltiples consecuencias negativas que se dan detrás de cada atentado ambiental contra o contorno que habitamos, por veces pódense apreciar (como ocorre no caso que hoxe se denuncia de verteduras de fuel ó río Ulla de parte dunha empresa padronesa) a repercusión directa que esas prácticas delituosas supoñen para as economías doutros cidadáns. Neste caso, os Valeiros de Pontecesures, que ven perigrar o seu medio de vida que vai parello á vida do propio río onde habitan as especies que comercializan. Como os danos son reais e concretos, será a Xustiza quen poña as cousas en razón. Máis preocupante é a denuncia que fan do desprezo por parte de responsables da administración pública, ó negárselles a posibilidade dunha denuncia administrativa. Cómpre pensar que se tratou dun mal entendido que terá rápida e debida corrección. Doutro xeito habería que pedir algo máis que responsabilidades políticas. Porque a propósito dos atentados contra os nosos ríos, xa que diso estamos a falar, non fai moito que se recordou dende aquí que nin as propias autoridades son quen de achegar unha cifra cun mínimo de rigor. Si, por riba, se pretende negar a evidencia non admitindo o rexistro oficial de novos casos, máis que previr estamos alimentando a sucesión de novos e continuados delitos.

Columna «Espiñas». TIERRAS DE SANTIAGO, 13/05/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.