Aviso da Policía Local para a festividade de Corpus en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Comunícase a tódolos veciños, que maña domingo día 25 de maio «Festividade de Corpus», a rúa San Lois será pechada ó tráfico e igualmente prohibirase o estacionamento, a partir das 8 horas da mañá ata ás 21 horas no tramo comprendido dende o Bar Mambís ata a Plazuela, debido a que neste tramo serán confeccionadas as tradicionais alfombras florais.
Igualmente estará prohibido o estacionamento nas rúas Ullán, Patifas e Travesía do Muelle, se ben estarán abertas á circulación debido a reorganización provisional do tráfico urbano dende as 9 ata as 21 horas.
Prégase o puntual cumprimento deste aviso para evitar que a Policía Local se vexa na necesidade de proceder á retirada de vehículos mediante grúa.

Grazas pola colaboración e desculpen as molestias.

A POLICÍA LOCAL DE PONTECESURES.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.