O EXTRUGASA LOGRA O ASCENSO ? IMPO?ERSE NA SEMIFINAL ? MOTOBAZAR 66 A 60 NUN PARTIDO EMOCIONANTE

Publicado por fru en

imagen-203-web.JPG

EXTRUGASA RIO ULLA = 66

Gulli (12), Peñaño (19), Pedrito (-), Diego (5), Pino (1), Pedro (-), Nacho (2), Santi (4), Felipe (12) e Pepi (11). 

MOTOBAZAR MCDONALDS de VILAGARCIA = 60

Logrouse o obxetivo da temporada: 9 meses, 24 partidos de liga e 75 adestramentos leváronnos ate esta semifinal celebrada en Pontecesures no día de onte: e gañouse, con tensión, con fallos e con acertos, con bos momentos de baloncesto e outros non tanto. E nun partido limpo e deportivo, cun rival que era moi respetado por nós, pola súa veteranía que nos podía complicar, coma así foi.E as 200 persoas que había no polideportivo cesureño disfrutaron ate o fin…, pero tamén sufriron, e animaron… 

imagen-106-web.JPG

Comezou o partido moiu ben para os locais. Ante a zona pechada do Motobazar, algo que non variou no partido, se acaso que cada vez a pecharon mais, O Extrugasa acertaba nas triplas: 2 de Gulli e 1 de Peñaño abriron as primeiras diferencias no marcador: 10 ?? 3. Diferencia que, gracias á boa defensa individual, ó control do rebote defensivo por Pino, e a mover ben en ataque contra a zona, ampliaronse cun novo parcial de 5 ?? 0. Pero o Motobazar non se veu abaixo e empezou a anotar o seu xogador mais perigoso, Carlos, nº 13. Diego con 5 puntos seguidos deixou o marcador en 20 ?? 9 ó final do cuarto. 

imagen-132-web.JPG

Extrugasa tivo que mover o banco, para dar descanso, e protexerse de faltas. Esto aproveitouno Motobazar para, dende unha forte defensa, ir recuperando puntos: Así chegouse mediado o 2º cuarto a un 24 ?? 20, logo dun parcial de 4 ?? 11 para os vilagarciáns. Apareceu Felipe providencial con 2 triplas, (non haberá recompensa para o esforzo que fixo para estar este fin de semana connosco). Cun 31 ?? 26 e 6 decimas para o descanso Nacho, ¿era Nacho o 11 onte? Fai a 3ª falta e da 2 tiros ós vilagarciáns: 31 ?? 28 e todo para a 2ª parte. 

imagen-139-web.JPG

Iniciouse o 3º cuarto e foi un calco do anterior, costaballe anotar ó Extrugasa ante unha defensa que axfisiaba o noso xogo interior. Santi e Felipe aportaban os primeiros puntos, pero mediado o cuarto Motobazr adiantase. O partido entra na dinámica de uns arriba e logo os outros, e foi despois Pepi quen, cas suas penetracións era o que sumaba puntos. Peñaño que buscaba desesperadamente anotar de 3 (erao unico que o intentaba), tivo que irse ó banco para coller folgos: 44 ?? 46 para os Motobazar era o resultado do final do cuarto. 

imagen-163-web.JPG    imagen-162-web.JPG

No ultimo cuarto Peñaño puxo diante ó Extrugasa logo dunha magnífica bandexa con tiro libre adicional: 51 ?? 50, pero uns minutos despois Motobazar ia diante de novo 54 – 57: ahí Gulli acertou cunha tripla que puxo o marcador en , e levantou ó numeroso público das bancadas. Quedaban 4 minutos e todo por decidir: e apareceu o ??gran capitán? Peñaño. Fixo qo que leva feito toda a súa vida (deportiva polo menos) botarse o equipo ás espaldas. Nestes minutos dirixiu e dirixiu, sacando faltas ós contrarios. Dende este momento o Extrugasa só anotou a base de tiros libres (9 de 12). Mentras en defensa o equipo vaciabase, e Pino, cun tapón espectacular ala arriba, e logo Santi cun roubo de balón magnífico, impediron a sorpresa. Quedaban segundos e o marcador era 62 ?? 60. Co roubo de Santi e lle pasa a Peñaño este recibe a falta a 5 segundos. Tras tempo morto anota os 2: 64 ?? 60. Carlos o do Motobazar bota rápido e saca unha falta de 3 tiros a Pino. Falla ós 3, en parte pola tensión e parte pola presión dende a grada. No rebote do 3º con menos de 2 segundos, chegalle a peñaño, que recibe antideportiva, e logo hai unha técnica. Mete 2 dos 4 tiros librs e sacan de banda para celebrar o ascenso.

imagen-146-web.JPG             imagen-188-web.JPG

Carlos do Motobazar, e Peñaño do Extrugasa, protagonistas nos tiros libres, con sorte dispar.


1 comentario

po · 1-06-2008 a las 14:08

hoxe vai ser un ambiente ainda maior

noraboa fru

por algo es dos grandes do baloncesto

noraboa

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.