Remata a tempada de ximnasia de adultos en Pontecesures.
A pasada semana remataron estas clases que tiveron lugar no Polideportivo de Pontecesures dende outubro de 2007.
Houbo o venres día 6, na «Parrillada Criollo» unha cea de despedida das alumnas (arredor de 18 mulleres) co monitor Antonio Sande. As alumnas entregaron na cea a este monitor padronés, un agasallo como agradecemento ó seu labor, e polo seu próximo casamento o vindeiro 2 de agosto.
A ximnasia para adultos reanudarase en setembro-outubro próximo.
0 comentarios