Mañá día 12, reunión cos colaboradores/as das Festas do Carme 2008.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Será no Centro Social de Pontecesures ás 21:30 horas e o Concello convocou ás persoas que colaboraron na Festa do Churro, e que foron pedir donativos polas portas. O obxecto da reunión é agradecerlle o seu labor en nome de todos.
Despois do éxito das festas deste ano, os colaboradores/as ben merecen o recoñecemento do concello.

Categorías: Concello

2 comentarios

O presidente da república · 11-08-2008 a las 22:53

Coa venia, señor Sabariz, e perdoe que me dirixa a vostede, pero como de cotío e despois de tódolos males habidos e por haber, é con vostede con quén podemos falar sobre o acontecer municipal, o cal sempre se agradece. O asunto que nos ocupa é as festas do Carme, veño de ler a noticia onde se dí que os do San Roque de Porto acadaron a interesante contía de trinta mil euros, e doutro lado vexo que a última noticia sobre o recadado para as festas do Carme estaban en torno a doce mil ou trece mil euros, se me confirma estes datos, cando teña tempo, sería interesante pensar en facer un estudio sobre a diferente recadación para un e outro evento. A diferenza, de confirmarse os datos, é importante ¿cal é a razón

Luis Angel Sabariz Rolán · 12-08-2008 a las 21:31

Os donativos para as Festas do Carme superaron por pouco os 20.000 � «O presidente da república». Descoñezo a recadación obtida para as festas de Porto pero tes que ter en conta que hai unha comisión alí que traballa todo o ano e que teñen outros ingresos ademáis dos donativos (camisetas, por exemplo). Outro tema; alí teñen una cota de 60 � por casa (ou por familia, non estou seguro) e este compromiso é asumido polos veciños. Non cabe dúbida que ditos veciños de Porto están moi comprometidos e orgullosos coa súa festa. E iso está moi ben.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.